martes, 21 de diciembre de 2010
Sete casas en Francia, Bernardo Atxaga
lunes, 31 de mayo de 2010
Galicia de lenda, González Reboredo e Vilar Álvarez
Na biblioteca temos algún libro precioso sobre lendas de Galicia, como este subtitulado "Galicia para soñar", que está editado por Hércules edicións. É un libro de consulta grande, cunhas preciosas fotos que ilustran os textos. Nel podemos atopar un estudio introductorio do antropólogo Gónzalez Reboredo sobre os temas e personaxes do noso lendario, moi rico e variado, e un montón de lendas, como "O lobishome", "O tesouro dos Castros", "O Pico Sacro"...
Son moi interesantes as explicacións sobre as nosas lendas..por exemplo, por que os castros son atribuídos aos mouros?
Porque os vellos heroes son esquecidos e substituídos por outros máis recentes.Aínda que Galicia non viviu sistematicamente a ocupación dos musulmáns si notou a presión da súa presencia en terras máis meridionais.O mouro foi elevado á categoría de "outro" por antonomasia e aplicouse este termo para explicar calquera cousa ou feito do pasado que non se pode explicar por outra vía.
Por que hai seres do imaxinario femininos, belísimas , con riquezas..que se aparecen a homes?
Pois serviu no medievo para dotar ás familias fidalgas dun superior estatus,no caso por exemplo da muller serea, pero tamén para xustificar a endogamia no propio grupo e de camada socio-económica, como no caso da muller serpe, que non pode ser desencantada.
miércoles, 12 de mayo de 2010
Cartas de inverno
ELA , MALDITA ALMA
OS BIOSBARDOS
O libro en sí gustoume, está algo difícil pola linguaxe que utiliza pero así que vas lendo faise máis doado.
Algo que me chamou bastante a atención e que a maioria dos contos se desenrolan nun ambiente de aldea a que él chama "Aura", pero que en realidade e Ourense.
Si e verdade que non conta moito en cada historia, que simplemente son pequenos capítulos da vida de varios persoaxes, pero o pouco que conta faino moi ben.
Son oito contos e quizáis o que máis me gustou foi o de "A arrasadeira", porque algunha vez me sentín identificada polo xogo, e o que menos, "O noxo".
Cor Gris Vida
pero ó mesmo tempo, é un libro ó que se lle poden sacar moitas cousas.
Gustoume a maneira que ten o autor de contar os sucesos, enlazandoos, facendolle percatarse a protagonista que aínda que a súa familia non a entenda, si que o poden facer outros.
Os vellos non deben namorarse - Castelao
O principio (sobre todo nalgún acto) é dificil seguir o fio da historia, pero o final, nas últimas páxinas sempre se acaba comprendendo todo.
A min persoalmente fui un dos libros de Castelao que máis me gustou de Castelao, lese moi rápido e ten unha fácil comprensión para calquera idade.
"O LAPIS DO CARPINTEIRO" MANUEL RIVAS
O lapis do carpinteiro é unha obra moi interesante, xa que plasma perfectamente o vivido en Galicia durante a Guerra Civil xunto con unha engaiolante historia de amor que, por sorte, acaba ben. É unha historia que non esconde nada: deixa ver todo,ata o máis duro da realidade, que me parece moi ben, por certo, así podemos ver con claridade todo. Recoméndoa a todo aquel que lle guste temas relacionados ca guerra e que non lle importe botar algunha bágoa polo camiño.
Os Biosbardos- Eduardo Blanco Amor
Son varios relatos (oito concretamente), as historias non están mal pero están nun linguaxe antigo e culto, é dicir, de dificil comprensión.
O libro e curto. A miña opinión persoal e que o leades que vos gustara moito, ainda que sexa de dificil comprensión animádevos porque finalmente merece a pena.
martes, 11 de mayo de 2010
A cidade maldita, Xelucho Abella Chouciño
TONECHO DE REBORDECHAO
O CAN DOS BASKERVILLE, Arthur Conan Doyle
Quérote de Úrsula Heine
Tonecho de Rebordechao, Breogán Riveiro
A cidade maldita , Xelucho Abella Chouciciño
Gustoume moito o libro e recoméndollo a xente que lle guste o misterio e as aventuras.Trata de que un neno chamado Cibrán, xogando no parque,atopa un medallón que ao collelo desaparece da época actual e aparece nun lugar diferente.A xente cando o ve pensa que é a persoa que a quitará da malcición e alí vive moitas aventuras ata que consigue volver a súa casa.
Alicia no Pais das Maravillas Lewis Carrol
O libro é adecuado para ás persoas que están algo tolas posto que os personaxes están todos como unha choca.
A historia atrae moito e podes aprender unha chea de refráns ingleses.
O libro trata sobre unha rapaza chamada Alicia que, accidentalmente cae polo tobo dun coello e vai parar a unhas terras inimaxinables. Todo está fora do normal e Alicia atópase cuns seres moi raros como: un gato que desaparece, unha lebre que non dí mais que parvadas, unha raíña que corta cabezas e resulta que o personaxe mais normal, e o Sombrereiro que está tolo de remate.
Alicia ao final acáballe chamando a ese mundo, O Pais das Maravillas.(o nome séntalle moi ben).
Memorias de Viriato, Andrés Teixeiro
As bruxas, Roald Dahl
Pel de lobo,Xosé Miranda
lunes, 10 de mayo de 2010
Os dous de sempre de Castelao
Este libro non me gustou moito porque ten un vocabulario complicado que o fai dificil de entender. Os seus protagonistas Pedor e Rañolas mostrannos dous estilos de vida completamente distintos que son propios da epoca na que Castelao escribiu este libro.
A Pedro déronlle unha vida privilexiada dende a súa infancia ata que casou. En cambio a vida de Rañolas foi todo o contrario, tuvo que emigrar cando tiña poucos anos en busca de unha vida mellor.
Silvia Pena 4ºA
o cazador de papaventos
"Pel de lobo" de Xosé Miranda
A min este libro gustoume moito xa que é unha historia moi bonita que trata de que un rapaz e o seu pai van a cazar ao lobo negro nun lugar do Incio.Este libro ensinache moitas cousas do monte e dos fidalgos.O que menos me gustou foi que era moi obvio que as rapazas eran os lobos.O que máis me gustou foi a historia de amor entre o neno e as fillas do fidalgo.Chamoume moito a atención foi o galego que o autor usou ao escribir o libro.
Moncho e Dríar / María garcía yañez
Resumen:
martes, 4 de mayo de 2010
QUÉROTE:Úrsula Heinze
lunes, 3 de mayo de 2010
Tempos Novos,
E noutro apartado..vede A xanela, en Vimeo, precioso traballo sobre a nosa lingua feito por unha...rusa!
miércoles, 14 de abril de 2010
Trala liña do horizonte de Antonio García Teijeiro
lunes, 12 de abril de 2010
Invisible, Paul Auster
jueves, 8 de abril de 2010
Cartas de Inverno Agustín Fernández Paz
martes, 23 de marzo de 2010
As Bruxas de Roald Dahl
Un nome de dicionario
Memorias dun neno labrego,Xosé Neira Vilas
O libro encantoume, o protagonista e o mellor de todos, narra perfectamente como era galicia nestes anos.
o ultimo traballo do señor luna-César Mallorquí
Cartas de inverno. Agustin Fernández Paz
Gustoume moito este libro porque é de medo e o mesmo tempo de intriga.
Trata de un neno que lle manda unha carta ao seu irmán dicindolle que si non volvía para a casa nuhas semanas que lle dera a carta ao inspector pero Tereixa a sua irmán non aguantaba coa intriga, e abriuna. Nela contáballe que quedara con un amigo seu da infancia, que queria vir a vivir a Galicia. O irmán non volvera a casa e o amigo tampouco si queredes saber o por que invitovos a que o leades.
cartas de inverno
DJ Machuquiño
Cabeza de Medusa Marilar Aleixandre
O vagón que perdeu o tren
lunes, 22 de marzo de 2010
Rinocerontes e quimeras, Marcos Calveiro.
Este prolífico autor honraranos coa súa presenza o 4 de xuño, así que para poder debater con el sobre a súa obra debemos irnos achegando a ela para poder preguntarlle moitas cuestións que nos pode suscitar a súa lectura. Rinocerontes e quimeras foi lida e comentada no clube de lectura de adultos e tamén dos alumnos da ESO. Trata de 7 monstros de feira que traballan nun circo ambulante...,do medo á vida, á toma de decisións por un mesmo e a asumir as consecuencias nun mundo hostil no que a única defensa será a súa amizade.
Para os máis novos temos na biblio O canto dos peixes, que narra a amizade dun mariñeiro xubilado e solitario que vive nunha residencia, cun rapaz humilde que se viu obrigado a deixar os estudos para recoller ferralla debido á pésima situación económica da familia, e Sari, soñador de mares, homenaxe a Se o vello Simbad volvese ás illas de A. Cunqueiro. Sari é un rapaz que entra de criado na casa do rico Simbad..vello mariñeiro, pero as cousas non serán como parecen. A amizade entre nenos e anciáns e a querencia polo mar , cun léxico moi coidado que ás veces ralentiza a acción, volven ser os temas deste libro...
que vos gusten....mentres agardamos que saia do prelo O pintor do sombreiro de malvas, recente Premio Lazarillo.
jueves, 18 de marzo de 2010
Valdemuller, Xose Neira Cruz
Este libro reflexa a vida dunha rapaza de 15 anos e todas as dificultades que ten que pasar para conseguer o seu obxetivo. Tamen e unha critica a sociedade e a vida publica, a relacións familiares que a veces poden condicionala a vida dunha persoa por culpa doutra. Por tanto e un libro moi interesante e divertido que anima as mulleres a pasar de estar condicionada polo machismo, e pensar que todos somos diferentes.
Diego Gil López
Romaxe de desventuras.
Cartas de Inverno, Auguntín Fernández Paz
Cartas de inverno gustoume en xeral. Paréceme unha obra fantástica na que o autor intenta transmitir a os lectores o que sentía o protagonista desde o momento que comprou a casa estaba afastada da civilización rural era estraña e grande tiña 2 pisos (25 de outrubro) ata que a casa ardeu (29 de abril). O que mais me impresionou foi a amizade que habia entre Xabier e Adrián, pois arriscou a vida para salvar a do outro. Sinceramente recomendo este libro as persoas que non lles gusta leer, lese demasiado rapido.
trata da vida dunha adolescente chamada Sabela Mendez Outeiro Compostela. Todos os días, Sabela se reflicte nas páxinas dos seus problemas diarios, problemas, intereses e alegrías común de calquera moza da súa idade. Ir a unha escola, ten un amigo, namórase-se, séntese mal, ele descobre a súa sexualidade, está por riba do peso, e así por diante.En suma, fai unha viaxe a través dos problemas de calquera adolescente da década dos noventa, o mesmo que Sabela ten que afrontar e finalmente superado, deixando o camiño con máis confianza e auto-confianza, sabendo un pouco mellor.
Harry Potter e a pedra filosofal, J.K. Rowling
O que máis me gustou deste libro foi, como Harry se librou do mago máis poderoso da historia.
Creo que J.K. Rowling nos pretende ensinar que poida que noutro universo paralelo ao noso haxa un mundo con maxia ou outras cousas que a nós agora mesmo nos parezan incribles e fantásticas.
Esta novela trata dun mago orfo que fai moitos amigos pero tamén moitos inimigos.
O que me menos me gustou foi que o profesor de pócemas sexa tan cruel cos amigos de Harry e mesmo con Harry.
Recomendo este libro a xente que crea na maxia.
NOEL CIVES
A noite na que Wendy aprendeu a voar. Agustín Fernández Paz
miércoles, 17 de marzo de 2010
A casa de Mango Street
Este libro gustoume moito. Trata dunha nena que vive nun barrio pobre en Chicago. O seu soño era poder vivir coma todas as súas amigas nunha casa grande con moitos amigos e cunha familia que quixera.
Don Nuno e outros relatos humoristicos, Alvaro Silva
Este libro e moi interesante, e tal e como o seu nome indica, ten moitos relatos e anecdotas divertidas. Fala sobre todo de Don Nuno, un conde que esta comprometido cunha muller moito maís xoven ca el. A rapaza e filla dun marqués moi poderoso pero Nuno vese enleado en moitos enrrolos antes do casamento, coma cando o confunden cun preso e olevan ao carcere.
Unicamente recomendo este libro aos autenticosfanaticos da lectura porque presenta algunha que outra dificultade coma o entrelazado dos relatos en varias páxinas pero compensa, pois o humor non ten prezo cando se fala de libros.
Eu De Maior Quero Ser..., Rosa Aneiros
A historia do home-can, Pepe Carballude
Este libro trata dun home que se convirte nun can tres días antes de San Xoan. Viaxa á cidade máis próxima, vai a un banco, vai a unha residencia de cans, vai aun pub , e volve para a casa. Non atopa a súa muller, e vai cun vagabundo deiterse debaixo dun cartón e dunhas tellas. Pásanlle moitas aventuras, e son moi divertidas, sobre todo a da discoteca e cando vai a bailar e a cantar.
A min non me gustou o libro, aínda que xa sabía o que iba pasar ao final, pero ainda así estivo ben. Tamén é de maxia, aínda que só ao principio e ao final. Penso que o conto en realidade o que quere mostrar é a maxia do día de San Xoán. Recoméndollo aos rapaces que lles guste a maxia e as aventuras de cans, ao resto non llo recomendo porque non val para nada.
Jorge García del Rio.
O LAPIS DO CAPINTEIRO MANUEL RIVAS
lunes, 8 de marzo de 2010
55 mentiras sobre a lingua galega, Xosé-Henrique Costas ( coord)
" Eu falo galego porque son de aquí"...parece elemental...ou non? Desgrazadamente aínda hai persoas que preguntan por que falamos galego, mentres que non se lles ocorrería preguntar por que fala en francés a alguén nado en Francia , ou por que fala portugués un lisboeta. É triste que cercano o centenario da fundación das Irmandades da Fala se edite un libro que afonde nas actitudes e prexuízos sobre a lingua. As mentiras sobre a lingua están distribuídas en 9 apartados : mentiras sobre a historia da lingua, sociedade, ensino,administración, empresa, medios de comunicación, normativa , utilidade do galego e cultura.
En só 77 páxinas desmonta con rigor histórico e filolóxico, pero con moita claridade para quen non sexa especialista , tópicos que se veñen oíndo sobre a nosa lingua. Ideal para quen queira ter unha opinión propia e non se contente con escoitar só o que din persoas sen formación neste tema ou que pretendan terxiversar a realidade.
viernes, 5 de marzo de 2010
Xenaro e o misterio da mochila verde
Ainhoa:A min este libro gustoume moito porque é de misterio,a trama da historia é moi interesante, e os libros de misterio,en xeral,gústanme moito.O que menos me gustou foi o que Xenaro lle fixo a Violeta e a Zacharías por que me parece moi mal.
Recoméndoo a toda aquela xente a que lle guste o misterio.
lunes, 22 de febrero de 2010
a cabeza de medusa
Recoméndolle este libro a aquela xente que pense que tras unha violación ou tras uns malos tratos a vida xa rematou. Para que vexan que hai que loitar e sobre todo para que vexan que loitaremos xuntas para que as mulleres sexan algo máis que obxetos sexuais, criadas e sumisas.
Árbores de Galiza, VV. AA. A Nosa Terra,
Ás fotos veñen acompañadas de poemas de escritores galegos, por exemplo, Nao senlleira de Fermín Bouza Brey : " Naquel biduído dos bidos louzanos o paxaro Sol non pía os seus raios e morre de amor".
Un libro precioso para que cho regalen polo aniversario ou para regalarllo a algén especial.
Pero se queres un libro para levar de excursión e ires aprendendo grazas aos seus debuxos e explicacións é moi útil a Guía das árbores de Galicia , de M. Castro, L. Freire e A. Prunell editada por Xerais .
Se tes un irmanciño máis pequeno e queres que aprenda moito, amósalle A árbore, da Biblioteca Visual Altea. Presumiredes de coñecementos e poderedes ser os mellores amigos da natureza .
miércoles, 10 de febrero de 2010
o lapis do carpinteiro
O lapis do carpinteiro
O tesouro da lagoa de Reid'ls Agustín Agra
Aldara e Paulo son dous rapaces que van pasar as vacacións a casa dos seus avós.
O avó cóntalles unha historia sobre un tesouro que tivera que buscar el, cando era novo, para salvar ao seu pai dun mal de ollo.
Para salvalo tiña que baixar ao fondo dunha lagoa chamada Reid'ls e encontrar o tesouro, con só tocalo o seu pai salvaríase.
O libro a min gustóume porque garda o segredo ata o final e recoméndollo as persoas as que lle gustan as aventuras e a emoción.