lunes, 8 de marzo de 2010
55 mentiras sobre a lingua galega, Xosé-Henrique Costas ( coord)
" Eu falo galego porque son de aquí"...parece elemental...ou non? Desgrazadamente aínda hai persoas que preguntan por que falamos galego, mentres que non se lles ocorrería preguntar por que fala en francés a alguén nado en Francia , ou por que fala portugués un lisboeta. É triste que cercano o centenario da fundación das Irmandades da Fala se edite un libro que afonde nas actitudes e prexuízos sobre a lingua. As mentiras sobre a lingua están distribuídas en 9 apartados : mentiras sobre a historia da lingua, sociedade, ensino,administración, empresa, medios de comunicación, normativa , utilidade do galego e cultura.
En só 77 páxinas desmonta con rigor histórico e filolóxico, pero con moita claridade para quen non sexa especialista , tópicos que se veñen oíndo sobre a nosa lingua. Ideal para quen queira ter unha opinión propia e non se contente con escoitar só o que din persoas sen formación neste tema ou que pretendan terxiversar a realidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario