O 21 de marzo celébrase o Día da Árbore. Este libro que hoxe comentamos non é unha guía de botánica ao uso. No índice atopamos os temas que trata: Estrutura das árbores, a vida nas árbores, os bosques galegos , importancia das árbores,e a árbore como símbolo. Divídeas en 3 grandes grupos: especies autóctonas, árbores froiteiras e árbores de parques e xardíns. Pero o mellor deste libro son as súas fotos. Sabes onde está o carballo máis vello de Galiza? Pois no Pazo de Cartelos ( Carballedo). Mide 35 m. e ten 12 m. de perímetro. Calcúlase que andará polos 500 anos,ou sexa , aínda na metade da súa vida, pois un carballo pode superar os 50 m e vivir 1000 anos. Cantas cousas terá visto! Por iso os celtas considerábano sagrado e celebraban as vodas debaixo del. Tamén Castelao escribiu " O albre é o simbolo do señorío espiritual de Galiza (...) O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar" ( Sempre en Galiza).
Ás fotos veñen acompañadas de poemas de escritores galegos, por exemplo, Nao senlleira de Fermín Bouza Brey : " Naquel biduído dos bidos louzanos o paxaro Sol non pía os seus raios e morre de amor".
Un libro precioso para que cho regalen polo aniversario ou para regalarllo a algén especial.
Pero se queres un libro para levar de excursión e ires aprendendo grazas aos seus debuxos e explicacións é moi útil a Guía das árbores de Galicia , de M. Castro, L. Freire e A. Prunell editada por Xerais .
Se tes un irmanciño máis pequeno e queres que aprenda moito, amósalle A árbore, da Biblioteca Visual Altea. Presumiredes de coñecementos e poderedes ser os mellores amigos da natureza .
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario