martes, 11 de mayo de 2010

O CAN DOS BASKERVILLE, Arthur Conan Doyle


O can dos Baskerville e unha novela de Arthur Conan Doyle, no que Sherlock Holmes e Watson resolven un misterio no que unha fera está matando a todos os descendentes da familia dos Baskerville. O último dos descendentes pídelle axuda para que descubra a fera e a mate. Sherlock Holmes e Watson enrolanse nesta fascinante aventura na que pasaran moitas aventuras intentando descubrir á misteriosa fera que está acosando ao último descendente.


O libro gustoume moito , porque é de misterio e a min gústame moito o misterio. É moi interesante e ten un enigma increible , sobre todo porque ten moitos personaxes e non sabes quen será o dono da incrible fera. O malo que ten o libro é que polo medio xa sabes quen é o dono da fera. Aínda así , é moi interesante como pillan ao culpable.
JORGE GARCÍA DEL RÍO

No hay comentarios:

Publicar un comentario