miércoles, 10 de febrero de 2010

o lapis do carpinteiro

Director: Antón Reixa. Guión: Xosé Morais, Antón Reixa. Intérpretes: Tristán Ulloa, Luis Tosar, María Adánez, Nancho Novo, Manuel Manquiña, Carlos Blanco, Miguel de Lira,... O polifacético Antón Reixa perde o virgo na dirección de longametraxes coa adaptación para o cine da obra de título homónimo de Manolo Rivas. Aínda que se pedira insistentemente disociar a película do libro, nós faremos caso omiso, de aí que a nosa análise sexa un estraño híbrido. A historia, recorrente ata a saciedade, de amor en tempos de guerra é o fío conductor do triángulo “amoroso” que se establece entre o fabuloso doutor Da Barca, guapo, intelixente, comprometido coa causa republicana, odioso no caso improbable de existir, dignamente interpretado por Tristán Ulloa; a súa fermosa moza; Marisa Mallo, filla do indiano reaccionario e oportunista, Manuel Manquiña inverosímil nun papel serio, interpretada nefastamente, sendo incapaz de transmitir ningún sentimento por María Adánez; e o garda civil Herbal, obsesivo persecutor, representando a mirada atemperada do verdugo polo poder balsámico do lapis, do que se fai cargo Luis Tosar, verdadeiro baluarte actoral do filme, nunha espléndida interpretación da súa bipolar personaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario