lunes, 31 de mayo de 2010
Galicia de lenda, González Reboredo e Vilar Álvarez
Na biblioteca temos algún libro precioso sobre lendas de Galicia, como este subtitulado "Galicia para soñar", que está editado por Hércules edicións. É un libro de consulta grande, cunhas preciosas fotos que ilustran os textos. Nel podemos atopar un estudio introductorio do antropólogo Gónzalez Reboredo sobre os temas e personaxes do noso lendario, moi rico e variado, e un montón de lendas, como "O lobishome", "O tesouro dos Castros", "O Pico Sacro"...
Son moi interesantes as explicacións sobre as nosas lendas..por exemplo, por que os castros son atribuídos aos mouros?
Porque os vellos heroes son esquecidos e substituídos por outros máis recentes.Aínda que Galicia non viviu sistematicamente a ocupación dos musulmáns si notou a presión da súa presencia en terras máis meridionais.O mouro foi elevado á categoría de "outro" por antonomasia e aplicouse este termo para explicar calquera cousa ou feito do pasado que non se pode explicar por outra vía.
Por que hai seres do imaxinario femininos, belísimas , con riquezas..que se aparecen a homes?
Pois serviu no medievo para dotar ás familias fidalgas dun superior estatus,no caso por exemplo da muller serea, pero tamén para xustificar a endogamia no propio grupo e de camada socio-económica, como no caso da muller serpe, que non pode ser desencantada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario