jueves, 18 de marzo de 2010

Romaxe de desventuras.


Este libro foi un dos que máis me gustou posto que nel intentase dae a coñecer unha das crenzas populares galegas que é a de:"Quen non vai de unha vez de vivo a San Andrés vai de morto tres".
Lisardo Novo era un home que non fora a San Andrés de Teixido de vivo entón ten que volver de morto.
Polo camiño vaise atopando cos seus seres queridos que ainda seguen en vida e gastalle bromas,pero tamén intenta axudalos no que pode.
Ao final chega a tempo para a romaxe de San Andrés e pode volver tranquilo para o mundo dos mortos.
Este libro ten bastante humor e picardía,o que o fai moito máis entretido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario