lunes, 12 de abril de 2010
Invisible, Paul Auster
Temos na biblio este novo libro de Paul Auster. Para os que somos fans deste autor cada nova tradución ao galego dun libro seu supón unha alegría.Nesta obra, a un estudante universitario sucédelle un feito que cambiará para sempre a súa vida...O envexable da escritura de Auster é a súa capacidade para enredar a madeixa dunh historia anódina e estirar o fío ata a vellez e morte do protagonista que nos segue contando a súa vida grazas ao vello truco das cartas a un amigo...Sempre interesante , achegádevos a este autor coñecido tamén polos seus guións de cine...Smoke, Blue on the face, Lulú on the bridge ou como director en The inner life of Martin Frost.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario