lunes, 23 de noviembre de 2009
Guía do Courel, X. Guitián, L. Guitián e J.L. Martínez,
Na colección de Guías Xerais, acaba de editarse esta preciosa e documentada Guía do Courel, terra, como xa sabedes , na que naceu e viviu o poeta Uxío Novoneyra. Os autores explícannos o contorno natural, a fauna e flora destes " Cousos do lobo! Caborcos do xabarín! Eidos solos onde ninguén foi nin ha de ir!" en palabras do rapsoda.
Libro completísimo, con fotos preciosas e rutas detalladas, explicación da flora e da fauna, mapas e ata onde durmir e comer na Serra do Courel. E unha recomendación persoal : facede a ruta da Devesa da Rogueira, (unhas 4 horas a pé por un bosque declarado de especial protección polo WWF) e reparade as forzas comendo un delicioso xabarín con castañas se ides agora no outono. Pedide aos vosos pais que vos leven ou levádeos vós a eles. Non sería un bonito regalo de Reis?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario