Hoxe imos coñecer unha serie de libros de Xosé Ramón Mariño Ferro que teñen en común o esforzo do autor por recoller e preservar a literatura oral. Destacan títulos como Contos marabillosos , Serpes e dragóns, Contos de homes e mulleres, Lobos, lobas e lobishomes, e Aparicións e Santa Compaña.
O autor, profesor de antropoloxía na Universidade de Santiago, estuda os costumes , crenzas e tradicións de Galiza, pero tamén as conexións coa cultura popular europea. Convén ler estas obras e reflexionar sobre o valor do noso patrimonio inmaterial.
Ademais da historias que Mariño Ferro recolle, hai unha pequena explicación da súa orixe.Vexamos:
" Por que os galegos, ademais de crer no Purgatorio de lume, cren no purgatorio deste mundo? Porque a presenza dos mortos entre os vivos serve de proba, case física, á crenza noutra vida.(....) crer que despois desta vida existe outra axuda, sen dúbida, a mitigar a angustia. As crenzas galegas sobre aparecidos son unha auténtica xoia pensada para ese fin."
E se vos interesa saber máis sobre a morte buscade A morte de Marcial Gondar Portasany na nosa biblioteca, ( 39, etnografía e folklore), Interesantísimo ! (e delgadiño...) ou saber o porqué das nosas festas e tradicións..
No hay comentarios:
Publicar un comentario