lunes, 30 de noviembre de 2009

As vidas de Galileo



Esta viaxe pola historia da astronomía , editado no Ano Internacional da Astronomía, orixinariamente en francés, cóntanos en forma de cómic os principais descubrimentos relacionados co espazo . Empeza en Babilonia (3000 anos antes da nosa era), xa que os  astrónomos de Mesopotamia xa podían predicir os eclipses, coñecían o movemento dos planetas, as estacións, e o zodíaco . Continúa en Alexandría, famosa pola illa de Faros, símbolo do poder grego en Exipto, e coñecida pola súa Biblioteca.É sorprendente que non se mencione a ningunha muller astrónoma en todo o libro, sobre todo agora que a figura de Hipatia é coñecida grazas á película de Amenabar, e sabendo que houbo importantes mulleres matemáticas ao longo da historia.  Explícanos tamén como na India no 499 da nosa era coñecían a lineación dos 5 planetas coñecidos coa lúa e o sol. Segue na Venecia de Galileo, creador do telescopio grazas ao que descubriu as montañas da lúa ( pensábase que era lisa) e o movemento da Terra  (non se sabía que xiraba arredor do Sol), pero non se menciona no libro o proceso inquisitorial que sufriu por parte da Igrexa, de xeito que se viu obrigado a retractarse das súas palabras, comezando a separación Igrexa - Ciencia, que dura na actualidade.
Segue coa biografía de Halley, que descubriu o cometa que leva o seu nome, , que voltará en 2061,  e acaba cos descubrimentos científicos actuais.
En fin , ten de bo que está en galego, que nas matemáticas, astronomía e disciplinas científicas en xeral aínda non hai moito material editado, pero para ser un libro que conmemora o Ano da Astronomía podía estar máis coidado en canto aos contidos .

No hay comentarios:

Publicar un comentario