lunes, 30 de noviembre de 2009

As vidas de Galileo



Esta viaxe pola historia da astronomía , editado no Ano Internacional da Astronomía, orixinariamente en francés, cóntanos en forma de cómic os principais descubrimentos relacionados co espazo . Empeza en Babilonia (3000 anos antes da nosa era), xa que os  astrónomos de Mesopotamia xa podían predicir os eclipses, coñecían o movemento dos planetas, as estacións, e o zodíaco . Continúa en Alexandría, famosa pola illa de Faros, símbolo do poder grego en Exipto, e coñecida pola súa Biblioteca.É sorprendente que non se mencione a ningunha muller astrónoma en todo o libro, sobre todo agora que a figura de Hipatia é coñecida grazas á película de Amenabar, e sabendo que houbo importantes mulleres matemáticas ao longo da historia.  Explícanos tamén como na India no 499 da nosa era coñecían a lineación dos 5 planetas coñecidos coa lúa e o sol. Segue na Venecia de Galileo, creador do telescopio grazas ao que descubriu as montañas da lúa ( pensábase que era lisa) e o movemento da Terra  (non se sabía que xiraba arredor do Sol), pero non se menciona no libro o proceso inquisitorial que sufriu por parte da Igrexa, de xeito que se viu obrigado a retractarse das súas palabras, comezando a separación Igrexa - Ciencia, que dura na actualidade.
Segue coa biografía de Halley, que descubriu o cometa que leva o seu nome, , que voltará en 2061,  e acaba cos descubrimentos científicos actuais.
En fin , ten de bo que está en galego, que nas matemáticas, astronomía e disciplinas científicas en xeral aínda non hai moito material editado, pero para ser un libro que conmemora o Ano da Astronomía podía estar máis coidado en canto aos contidos .

lunes, 23 de noviembre de 2009

Guía do Courel, X. Guitián, L. Guitián e J.L. Martínez,



Na colección de Guías Xerais, acaba de editarse esta preciosa e documentada Guía do Courel, terra, como xa sabedes , na que naceu e  viviu o poeta Uxío Novoneyra. Os autores explícannos o contorno natural, a fauna e flora destes " Cousos do lobo! Caborcos do xabarín!  Eidos solos onde ninguén foi nin ha de ir!" en palabras do rapsoda.
Libro completísimo, con fotos preciosas e rutas detalladas, explicación da flora e da fauna, mapas e ata onde durmir e comer na Serra do Courel. E unha recomendación persoal : facede a ruta da Devesa da Rogueira, (unhas 4 horas a pé por un bosque declarado de especial protección polo WWF) e reparade as forzas comendo un delicioso xabarín con castañas se ides agora no outono. Pedide aos  vosos pais que vos leven ou levádeos vós a eles. Non sería un bonito regalo de Reis?

Colección Mitos e tradicións. Edicións do cumio





Hoxe imos coñecer unha serie de libros de Xosé Ramón Mariño Ferro que teñen en común o esforzo do autor  por recoller e preservar a literatura oral. Destacan títulos como Contos marabillosos , Serpes e dragóns, Contos de homes e mulleres, Lobos, lobas e lobishomes, e Aparicións e Santa Compaña.
 O autor, profesor de antropoloxía na Universidade de Santiago, estuda os costumes , crenzas e tradicións de Galiza, pero tamén as conexións coa cultura popular europea. Convén ler estas obras e reflexionar sobre o valor do noso patrimonio inmaterial.
Ademais da historias que Mariño Ferro recolle, hai unha pequena explicación da súa orixe.Vexamos:
" Por que os galegos, ademais de crer no Purgatorio de lume, cren no purgatorio deste mundo? Porque a presenza dos mortos entre os vivos serve de proba, case física, á crenza noutra vida.(....) crer que despois desta vida existe outra axuda, sen dúbida, a mitigar a angustia. As crenzas galegas sobre aparecidos  son unha auténtica xoia pensada para ese fin."
E se vos interesa  saber máis sobre a morte buscade A morte de Marcial Gondar Portasany na nosa biblioteca, ( 39, etnografía e folklore), Interesantísimo ! (e delgadiño...) ou saber o porqué das nosas festas e tradicións..

lunes, 9 de noviembre de 2009

As razóns do galego. Apelo á cidadanía., Henrique Monteagudo.



O profesor H. Monteagudo, preocupado polo momento crítico que está a pasar o galego, consciente de que segundo como se resolvan as dificultades nun futuro próximo vai depender o porvir do noso idioma, acaba de publicar este libro que pretende fornecer de argumentos obxectivos e imparciais , comprensibles para calquera persoa sen formación filolóxica, de defensa da lingua, nun chamamento á responsabilidade das persoas neste labor.
Igual que cada persoa que tira un papel...."total, por un papel" ten a súa parte de responsabilidade na defensa do medio ambiente, cada galego ten a súa responsibilidade co seu idioma.
O libro está estructurado en dúas partes: pequenos ensaios divulgativos cun argumentario de defensa do idioma comprensible por calqura cun mínimo de sensibilidade, e unha escolma de artigos que este filólogo xa publicara en El País.
Velaí vai unha pequena mostra:
¨ É un feito cientificamente comprobado que, en contextos de bilingüísmo desigual, o predominio no sistema educativo da lingua ambiental dominante reforza a marxinación da lingua subordinada. Ademais, impide a adquisición dunha competencia lingüística suficiente nesta dos falantes da 1ª , e entorpece o desenvolvemento cognitivo dos falantes da lingua minorizada. Pola contra, o uso preferente desta no sistema educativo beneficia aos falantes da 2ª  e constitúe a única forma de garantir que os falantes da lingua dominante adquiran competencia na outra. " (páx. 26)
Ou , máis sinxelamente: " Por que cidadáns casteláns falantes se ven obrigados a aprender galego?
Pois,tamén ao revés, queiran ou non, teñen que usar o castelán ".

viernes, 6 de noviembre de 2009

ollos de auga


OPINIÓN:
E raspado porque o conta ben... Libro destes hai a moreas, non sei porque tanto bombo, que si vai ser traducido ao español, que se tal.
É entretido, certo, pero flouxo floxo. Quizais o final, ben arranxa o libro, menos mal...3



ollos de auga

martes, 3 de noviembre de 2009

Romaxe de desventuras - Pepe Carballude


Romaxe de desventuras conta a historia dun morto (Lisardo Novo) , que volve ao mundo dos vivos para ir a San Andrés de Teixido. Conta as disparatadas historias que lle suceden no camiño ata que chega a Teixido e volve para o seu mundo dos espiritos. É un libro moi facil de ler e moi entretido.Ten un toque de humor.

naiyacai

este libro e un libro facil de leer e moi entretido.
trata sobre historias reais que aconteceron de africa.
e un libro de contos
david romero

O único que queda é o amor


Este libro trata sobre o amor que as persoas senten hacia cousas ou persoas que non imaxinarían. É moi bonito, posto que a quen lle custa falar dos seus sentimentos en público identificarase con moitos dos seus relatos. Recomendolle este libro a todas as persoas que lles guste leer.

A teima de Xan




Cando o tío de Xan morreu, buscando nos seus recordos,atopou un libro vello.Púxose a lelo ata que se decatou de que era o seu diario de cando era pequeno. Con el recordou a súa mocidade, sobre todo o interés que puxera por saber quen era seu tío Peixoto.




Este libro é moi fácil de leer e lese moi rápido.




lunes, 2 de noviembre de 2009

Quérote. Úrsula Heinze.


Este libro trata dunha rapaza que se chama Sabela que escribe un diario con todo o que lle pasa coas súas amigas, os mozos que ten, as aventuras que vive... Ela ten unha mellor amiga; Ainoa onde lle conta de todo, e Sabela nmórase do irmán desta. Pero o final non é o esperado.....
A min gustoume o libro, era facil de ler e de entender.

Gemma Capeáns.

Qué

As Bruxas, Roald Dahl


Este libro gustoume moito, bueno, en xeral todos os libros de Roald Dahl gústanme moito.
Se vos digo de que vai só vos digo o principio:
trata de un rapaz que vive en Inglaterra e vai cos seus pais visitar a súa avoa de Noruega.
No medio do camiño tiveron un accidente e nel seus pais morren.O rapaz foi vivir a casa da avoa.E o final.... o final tócavos descubrilo a vós.Recomendovos que o leades esta moi moi ben.
AINHOA

O señor Ibrahim e as flores do corán - Eric Emmanuel Schmitt


Momo era un rapaz que foi abandonado por súa nai ao nacer , e por seu pai aos 11 anos. O señor Ibrahim era o seu pai postizo, a el gustáballe moito viaxar e mesmo lle mercou un coche a Momo para viaxar ao lugar onde nacera o señor Ibrahim. Ali morreu o señor Ibrahim e Momo herdou todos os seus bens. O conto gustoume moito e mais é doado de entender. Fala de que as persoas son máis importantes cas relixión.




Rubén Salvande Pena - 2º A Nº16




memorias de viriato


A min gustoume porque aprendes moitas cousas e ten un vocabulario moi bonito e a viriato pasanlle moitas historias bonitas ainda que algunha triste.