"Oio berros e voces napolitanas, falo napolitano, mais escribo en italiano. "Estamos en Italia", di papá, mais non somos italianos. Para falar esta lingua témola que estudar, é como no estranxeiro, como en América, pero sen marchar. Moitos de nós non falaremos nunca italiano e morreremos en napolitano. É unha lingua difícil", di, "mais ti aprenderalo e serás italiano. Eu e túa nai non, nós nun pu...nun po....nuie nun putinmo". Quere dicir "nós non podemos" pero non lle sae o verbo. Dígollo, "non podemos", moi ben, di, moi ben, ticoñeces a lingua nacional. Si que a coñezo, e ás agachadas tamén a escribo e síntome algo traidor ao napolitano. "
Erri de Luca é un escritor napolitano que publica unha obra de marcado carácter autobiográfico, baseada nas súas vivencias. En Montedidio conta as vivencias dun rapaz pobre de Nápoles : " Fixen trece anos e papá púxome a traballar. É xusto, xa toca . A educación obrigatoria chega ata terceiro de primaria, el fíxome estudar ata quinto porque era enfermizo e ademais así tería un título mellor".
Unha novela aparentemente sinxela pero de grande densidade , cun estilo poético que vai soltando cargas de profundidade sobre a situación dos adolescentes e os adultos nun barrio da Sicilia profunda .
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario