A editorial Factoría K de libros acaba de editar un precioso cómic no que dous debuxantes amigos , un francés e outro galego, xúntanse como personaxes do propio libro para axudarnos a comprender un cómic . Explícannos os diferentes tipos de planos, os bordos das viñetas, os globos,símbolos gráficos (por exemplo raias para o vento), espazo, tempo,(lembrades a elipse que nos ensinara José Tomás, nunha viñeta o cocho e noutra os chourizos?),os diferentes tipos de perspectiva, etc. Incluso ao final recoméndannos 6 libros para os que queiramos debuxar e profundar na arte de facer cómics. Ánimo e a intentalo!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario