lunes, 26 de octubre de 2009

FAHRENHEIT 451, Ray Bradbury



Hoxe comentamos un clásico de 1953, reformado polo propio autor no 81. Nun mundo ¿feliz? un bombeiro que queima libros pregúntase polo sentido do seu traballo.
" Onte á noite empezei a pensar en todo o queroseno que levo usado nos últimos dez anos, en todos eses libros, e por primeira vez decateime de que hai unha persoa detrás de cada un deles, alguén os tivo que crear, alguén tivo que traballar moito tempo para pasar as súas ideas ao papel. Antes nunca me parara a pensar niso. Se cadra a algún levoulle toda a vida escribir os seus pensamentos, se cadra pasou anos observando o mundo, a existencia, e logo veño eu e en dous minutos, pumba! Acabouse."
Por que lle interesa ao poder destruír libros?
"Se non queres que unha persoa estea descontenta en cuestións poíticas non o preocupes amosándolle as dúas caras da moeda, móstralle unha nada máis. Ou mellor aínda, ningunha. Déixalle que esqueza que existen cousas como a guerra. Mesmo se o goberno é incompetente, inestable e nos carga de impostos, o importante é que iso non supoña un motivo de preocupación para os cidadáns.
Á xente dálle concursos que poidan gañar lembrando letras de cancións, nomes de capitais ou a cantidade de millo que medrou en Iowa o ano pasado. Éncheo de datos incombustibles, déixaos fartos de estatísticas, pero contentos de posuír tanta información. Así crerán que pensan, sentirán que avanzan sen moverse e serán felices, porque os datos que lles dás non cambian. Nada de materias confusas que obriguen a relacionar coñecementos como a filosofía ou a socioloxía, iso non fai máis que baixar a autoestima. Calquera persoa capaz de desmontar a parede dunha sala e volvela montar é máis feliz ca outra que intenta medir o universo con regras de cálculo ou ecuacións, porque o universo non pode ser medido nin calculado sen que nos sintamos limitados e sós. "
Pero hai esperanza. Un  pequeno grupo de resistencia memoriza libros para que non se perdan...

Hai unha peli preciosa de François Truffaut baseada nesta fábula política.

No hay comentarios:

Publicar un comentario