sábado, 31 de octubre de 2009

O tesouro da lagoa de Reid´is


Este libro é moi interesante.Trata duns nenos que van visitar aos seus avós e o avó comézalles a contar a historia de como salvou ao seu pai dunha extraña enfermidade chamada asombramento.
Recoméndollo ás persoas ás que lle guste ler novelas de misterio

viernes, 30 de octubre de 2009

Tres blues e un rap.


O libro gustoume moito e é moi fácil de leer.

O conto que máis me gustou foi o de "D.J. Machuquito", porque a min tamén me gusta a música e andar en skateboard.

-D.J.Machuquito: era un rapaz que lle gustaba moito o rap, o skateboard e o graffite.

-O Café de Ramón: era un home que tiña un bar que era moi bello e que todos os do pobo lle gustaba moito.

-A Viaxe: 2 homes que ían de viaxe a Barcelona. Foron os 2 sentados ao lado no avion e foron falando.

Cousas- Castelao


Este libro é unha mezcla de debuxos e textos.Ao principio ponche un debuxo de cada conto que vas ler cun título e despóis aparéceche o conto en 4 páxinas. Os contos, teñen que ver coa emigración de Galicia debido a gran pobreza que había neses anos.
A min gustoume máis, por exemplo, outro libro de Castelao chamado "Os dous de sempre" que vos animo a ler.

"O exiliado e a primaveira" Manuel Veiga Taboada



O libro pareceume un pouco aburrido o principio e tamen algo dificil de entender pero a medida que vas avanzando vas entendendo o que pasa. E un libro no que se fala dun home exiliado en México que ven para Galicia a causa da morte da sua nai por un tempo. Aquí atopase cunha sociedade que non recorda os tempos de fame, que case nin recorda que vive baixo unha dictadura.

Ela, maldita alma- Manuel Rivas.


Este libro é un conxunto de contos, cada un trata sobre un tema diferente aínda que todos están relacionados. Particularmente, a min gustoume pero só ao final do conto porque ao principio costaba entendelo .. desde o meu punto de vista todos os comezos son bastante dificiles de comprender pero segundo o segues lendo vas captando o que o autor che quere dicir.

Xente de eiqui e de acola


Este libro esta ben por que contache varias historias de xente diferente, distintos sitios e personalidades. A verdade e que o libro "Xemte de eiqui e de acola" podia estar mellor, por que e bastante aburrido e non me enganchou moito que digamos. Dende o meu punto de vista o libro ten que mellorar un pouco.

Alba, unha aprendiza de meiga, Nacho Peréz

Pareciume demasiado complicado de entender, porque o unico que sacas en claro e que é unha meiga e que lle gusta un rapaz da sua clase.
Non llo recomendo a ninguén.
publicado por Elías.

O concertista de paxaros, Josep- Francesc Delgado


É un libro interesante. É de suspense. Pode ser difícil de ler, pero se o entendes está ben.

O libro trata de a 2ª Guerra Mundial. Durante esta un gobernador inglés morre e o seu axudante chino, que é o protagonista, perde a súa familia e o seu mestre mago.Despois traballa como
escravo.E ao final...


Recomendoo a quen lle guste a intriga.

Pasa-lo límite , An Alfaya


Este libro trata de un rapaz que perdíu a seus pais. A min o libro pareceume un pouco aburrido. Ao principio é un pouco triste. A min pouco me gustou porque é un pouco rollento. pero aos que lle guste a tristeza recoméndollo.O vocabulario é algo difícil.

Tito Longueirón, Pinto e Chinto


Tito Longueirón é un cómic de deportes no que o protagonista, Tito Longueirón, fai moitos deportes nos que sempre acaba facendo trampa porque non consegue gañar nunca.

Tito coñece todos os deportes que existen: patinaxe sobre xeo, fútbol, esgrima... etc.

Este comic ainda que non ten letra é un comic moi gracioso e a min gústame moito e fíxome rir moito.

A illa do tesouro, Robert Louis Stevenson


O libro gustome moito porque as historias de aventuras encántanme.Eu creo que non é difícil de ler pero quizáis terás que facer uso do dicionario porque ten moita linguaxe antigua.

Vai dun rapaz que encontra un mapa e, xunto cuns amigos,vai en busca do tesouro.

Recoméndollo a xente que lle gusten os piratas.

Xenaro e o misterio da mochila verde


Xenaro e o misterio da mochila verde e un libro sobre amistade entre amigos e compañeiros que se axudan mutuamente entre eles. Recomendariallo a xente que lle gusta o misterio xa que os rapaces intentan saber o paradoiro de certos obxectos que van desaparecendo dende a chegada do rapaz novo.

martes, 27 de octubre de 2009

A illa do tesouro R.L.Stevenson

veronika decide morrer Paulo coelho


Trata dunha rapaza de 24 anos que decide morrer e toma unha sobredese de pastillas para morrer , métena nun sanatorio porque pensan que está tola...

Recomendo que o leades porque enseñanche a afrontar problemas da vida. A verdade é que para o meu parecer está moi mal escrito e asi faise aburrido pero polo de máis gustoume.

Gatos e leóns, Xosé Neira Cruz




Pareceume un libro moi interesante e moi divertido porque hai moitas aventuras aloucadas e con moito humor. Rinme moito con este libro porque ten un vocabulario moi divertido.

Os retratos

o libro esta moi ben, por que conta a historia de moitas persoas.
O libro gustoume, ainda que podia estar mellor.

Historias que ninguén cre


Misterio, intriga, medo... son algúns dos temas sobre os que tratan as historias de Ánxel Fole.

En xeral teñen todas a mesma estructura, empezando coa conversación duns personaxes que deseguido lles levan a contar un relato na paisaxe ou ambiente galego, facéndonos crer os lectores próximos a historia. Recomendariallo as persoas que estean interesadas nestes temas, xa que é un libro que fai pasar un bo rato.

¿Qué me queres amor?"Manuel Rivas"


Este libro conta varios relatos con diferentes personaxes e argumentos.Os relatos son algo complicados de entender,como por exemplo "Leiteira" ,pero o máis doado para min foi "A lingua das bolboretas"do que logo se fixo unha película.O autor utiliza unha linguaxe algo complicada...Nos relatos sempre hai algún personaxe que destaca entre os demáis.

¿Qué me queres amor? "Manuel Rivas"

Este libro consta de varios contos, nos que cada un ten un argumento diferente e diferentes protagonistas. Por exemplo, abarca o famoso relato "A lingua das bolboretas", que mais tarde se converteu nunha versión cinematográfica, pero sen deixar de lado o gusto e o guión de Manuel Rivas. Xeneralizando, digo que son uns contos complexos pero entretidos nos que sempre ai un toque de amor, e ainda que non me gustasen moito, penso, que vale a pena leer.
http://www.youtube.com/watch?v=AwWEFw6HAnE

Todo ben , Manuel Rivas


É un libro algo aburrido ao principio,ainda que a medida que avanzas na historia vaise facendo máis interesante.
Narra a morte dun rico emigrante galego, ao coñecerse a noticia causa o caos no país...

Historias que ninguén cre


Este libro é moi interesante. Consta de historias semellantes. Algo característico é que quede algo de intriga o final, deixandonos ter ó lector unha idea aproximada do que poido ocorrer.O contido soe reflectir un pouco a cultura galega, coa súa paisaxe, natureza e crenzas. Algunhas historias son máis fáciles de ler ca outras, pero , en xeral enténdense ben.

Retrincos de Castelao


Pareceume un libro moi interesante porque trata temas que lle afectaron a sociedade galega o principio do seculo xx como a emigración, a morriña por Galicia vivida no extranxeiro, as tradicións de Galicia .A estructura da sociedade galega criticando o caciquismo , etc.É un libro en ton autobiográfico e no que Castelao dá a súa opinión dos temas xa mencionados. Sinceramente opino que merece a pena lelo porque é moi interesante a sua tematica e o seu
punto de vista

Os Biosbardos de Eduardo Blanco-Amor


Este libro non me gustou porque me pareceu moi aburrido e non me enterei de moitas cousas.Nel compáranse as cousas que fan os señoritos coas accións dos rapaces máis pobres.

Vento Ferido (Carlos Casares)


Este libro conta as historias dun rapaz que vive nunha época na que está rodeado de violencia . A este rapaz sucédenlle cousas como a morte dalgún dos seus coñecidos e familiares como o irmán. Noutras historias e el o que contribúe as pelexas e ata chega ao punto de matar a unha persoa.Tamén lle ocorren cousas fermosas coma o amor por unha rapaza.

Este libro pareceme interesante e gústame moito pola forma de expresarse.

A expedición do Pacífico Marilar Aleixandre


Gustoume moito o libro e recoméndollo a xente que lle gusten as aventuras.Non é moi dificil de ler , só que hai unhas palabras raras.Como xa dí o título vai como dunha expedición ao este de Asia.O personaxe máis interesante é Emilia, a protagonista que se mete nun barco de polizón para abarcarse nunha aventura que non olvidará no resto da súa vida.

Dúas bágoas por Máquina, Fina Casalderrey


A min gustoume moito este libro. A historia deste libro era preciosa,e eu estaba moi intrigada porque non sabía que lle pasara a Máquina e dábame moita pena o triste que estaba Xusta polo can. Había moita química entre Xusta e Máquina, como se fosen irmáns, queríanse moito. Este conto aconséllollo aos que lles gusten as historias de cans e aos que lles den pena os cans abandonados.

Dúas bágoas por Maquina. Fina Casalderrey


Este libro a min gustoume. É moi fácil de entender e de resumir. Vai de unha rapaza e dun can chamado Maquina que o pai da dueña o abandona pero despois Maquina encontra o camiño hasta a dueña e fan moitas cousas xuntos e tamen recorda o que fixeran xuntos antes de que o pai da rapaza o abandonara. Recoméndolle este libro aos que lle guste as historias de cans...

O porteiro de hockey ,Rodrigo Muñoz Avia


A min este libro gustóume porque eu Bernaldo somos moi parecidos.Tamén me gustou porque ten algo de intriga e a min gústame a intriga.O que menos me gustou deste libro e que a veces dánlle moito rollo en algún capítulo.

Recoméndo este libro os que lles guste o hóckey e a entriga

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

Lorena
Este libro está composto por pequenos contos con distintos personaxes pero cun mismo tema:O AMOR.
Eu recomendo este libro as persoas que non lles guste leer, porque é moi facil de ler e atrae moito.
Penso que todos deberíamos pararnos a pensar como di en moitos do seus contos si o que nos sentimos polas persoas que temos o noso redor é cariño ou simplemente amor.

A Gondola Fantasma


Trata de un neno pobre que non ten nada de comer e conoce a un home chamado Pantalon e despois vive unha aventura con el con piratas.

A min este libro o principio non me gustou pero despois cada pouco foime engachando mais e mais
hasta que o a cabei de ler.
A miña opinión e que un libro fácil de ler e bonito o final.

cartas de inverno AGUSTIN FERNANDEZ PAZ


CARTAS DE INVERNO: GUSTOME MOITO PARECEME UNHA OBRA FANTASTICA NA QUE O AUTOR INTENTA TRANSMITIR OS LECTORES O QUE SENTIA O PROTAGONISTA DENDE QUE COMPROU A CASA. O QUE MAIS ME IMPRESIONOU FOI A AMIZADE DOS NOSOS DOUS PROTAGONISTAS. SINCERAMENTE RECOMENDO ESTE LIBRO AS PERSOAS QUE NON LLES GUSTE LER, PORQUE SE LE MOI RAPIDO.

Investigación 091,Pepe Carballude


Este relato trata da aparición do cadáver de Sonia Cambeiro, unha nena de dez anos, víctima dun axuste de contas entre narcotraficantes, e o secuestro de Cachi, un camelo do instituto de Secundaria,mobilizan á policía en Areal do Conde.

A intervención de Manolo Longueira, un novo profesor de inglés do centro, a afouteza de Rosa, a telefonista que recaba información para a revista Pulso semanal, e as pesquisas de Xavier Cabaleiro, un alumno enfermo de hepatite, e do seu pai permitirán desenredar o complexo nobelo tecido polos capos dunha rede mafiosa sen escrúpulos asentada nesta vila mariñeira das Rías Baixas.

Recormendo este libro para os que lles guste a acción e os que lles guste a intriga porque neste relato e do que vai a tratar.

O canto dos peixes, Marcos Cavaleiro


Este libro trata sobre un vello mariñeiro, de nome Ismael, que coñece a Xaquín, un neno que vive pobremente. Despois de coñecerse un pouco, Ismael narralle a Xaquín as suas aventuras no mar, nos seus tempos de mariñeiro.Algunhas historias son de medo, como cando Ismael se viu atrapado nunha tormenta ainda que esa historia ten un final feliz. Recomendo este libro aos apaixonados da lectura e aos que queiran recordar vellos tempos.

O mago de Esmirna(Joan Manuel Gisbert)


E un neno chamado Shaban , que o seu soño foi sempre ser mago e ir a Gran Montaña.Shaban cunprira os 14 anos e queria aventurar como fixo o seu pai Ialtor.O pai levouno a Gran Montaña, na que descubriu cousas maxicas que nunca vira, e na que tamen coñecera a chica dos seus soños "RUDAIMA".


A min este libro do "Mago de Esmirna", gustoume moito ,

Porque explicaban moi ben as cousas e daban detalles dos personaxes , para ter idea de como son e que papel desempeñan.

E para ter idea como eran , había debuxos.

Ao empezalo non me gustou , porque contaban moitas cousas sobre magos e conxuros que non entendías , con palabras moi dificiles de entender e pronunciar .Vaste enterando de máis cousas cando xa cando viaxa co pai.

lunes, 26 de octubre de 2009

FAHRENHEIT 451, Ray Bradbury



Hoxe comentamos un clásico de 1953, reformado polo propio autor no 81. Nun mundo ¿feliz? un bombeiro que queima libros pregúntase polo sentido do seu traballo.
" Onte á noite empezei a pensar en todo o queroseno que levo usado nos últimos dez anos, en todos eses libros, e por primeira vez decateime de que hai unha persoa detrás de cada un deles, alguén os tivo que crear, alguén tivo que traballar moito tempo para pasar as súas ideas ao papel. Antes nunca me parara a pensar niso. Se cadra a algún levoulle toda a vida escribir os seus pensamentos, se cadra pasou anos observando o mundo, a existencia, e logo veño eu e en dous minutos, pumba! Acabouse."
Por que lle interesa ao poder destruír libros?
"Se non queres que unha persoa estea descontenta en cuestións poíticas non o preocupes amosándolle as dúas caras da moeda, móstralle unha nada máis. Ou mellor aínda, ningunha. Déixalle que esqueza que existen cousas como a guerra. Mesmo se o goberno é incompetente, inestable e nos carga de impostos, o importante é que iso non supoña un motivo de preocupación para os cidadáns.
Á xente dálle concursos que poidan gañar lembrando letras de cancións, nomes de capitais ou a cantidade de millo que medrou en Iowa o ano pasado. Éncheo de datos incombustibles, déixaos fartos de estatísticas, pero contentos de posuír tanta información. Así crerán que pensan, sentirán que avanzan sen moverse e serán felices, porque os datos que lles dás non cambian. Nada de materias confusas que obriguen a relacionar coñecementos como a filosofía ou a socioloxía, iso non fai máis que baixar a autoestima. Calquera persoa capaz de desmontar a parede dunha sala e volvela montar é máis feliz ca outra que intenta medir o universo con regras de cálculo ou ecuacións, porque o universo non pode ser medido nin calculado sen que nos sintamos limitados e sós. "
Pero hai esperanza. Un  pequeno grupo de resistencia memoriza libros para que non se perdan...

Hai unha peli preciosa de François Truffaut baseada nesta fábula política.

Charlie e o Gran Ascensor de Cristal - Roald Dahl


A min o libro en xeral gustoume moito,pero prefiro o primeiro libro por que é mais emocionante.
Este libro é a segunda parte de Charlie e a Fábrica de Chocolate.Neste libro conta a continuación da aventura de Charlie,un rapaz de uns 10 anos,co señor Wonka e a súa familia.Nel van ao espazo exterior e teñen algún que outro problema co presidente dos Estados Unidos.

O señor Ibrahim e as flores de corán. ERIC-EMMANUEL SCHMITT

O libro trata dun rapaz que foi abandonado por súa nai ao nacer e quedou sen pai aos 11 anos. El vive co señor Ibrahim, que é o seu pai postizo e que lle gusta moito viaxar. É un libro moi bo de entender e moi bonito. Amosa o traballo que lle costa a un rapaz vivir sin a súa nai desde o nacer e sin seu pai mais tarde.


Rubén Salvande Pena- 2º A - Nº16.

Ibrahim e as flores do Corán- Schitt, eric-emmanuel

Bueno o libro e algo chulo e gustoume moito ,pero nn pa min creo................. vai moito das putas e asi. E pasa no centro da ciudad de paris............
Kevin

lunes, 19 de octubre de 2009

Montedidio, Erri de Luca

"Oio berros e voces napolitanas, falo napolitano, mais escribo en italiano. "Estamos en Italia", di papá, mais non somos italianos. Para falar esta lingua témola que estudar, é como no estranxeiro, como en América, pero sen marchar. Moitos de nós non falaremos nunca italiano e morreremos en napolitano. É unha lingua difícil", di, "mais ti aprenderalo e serás italiano. Eu e túa nai non, nós nun pu...nun po....nuie nun putinmo". Quere dicir "nós non podemos" pero non lle sae o verbo. Dígollo, "non podemos", moi ben, di, moi ben, ticoñeces a lingua nacional. Si que a coñezo, e ás agachadas tamén a escribo e síntome algo traidor ao napolitano. "

Erri de Luca é un escritor napolitano que publica unha obra de marcado carácter autobiográfico, baseada nas súas vivencias. En Montedidio conta as vivencias dun rapaz pobre de Nápoles : " Fixen trece anos e papá púxome a traballar. É xusto, xa toca . A educación obrigatoria chega ata terceiro de primaria, el fíxome estudar  ata quinto porque era enfermizo e ademais así tería un título mellor".


Unha novela aparentemente sinxela pero de grande densidade , cun estilo poético que vai soltando cargas de profundidade sobre a situación dos adolescentes  e os adultos nun barrio da  Sicilia profunda . 

miércoles, 7 de octubre de 2009

O gol imposible,Enrique Sanchez.


Este libro trata dun xornalista deportivo que investiga unha estrana morte dun ex xogador do Real Club Deportivo da Coruña.

Este libro ,eu recomendariallo ler a:

Aos fanaticos do futbol,e aos que queiran estudar xornalismo.

Aire Negro, Agustin Fernandez Paz


O libro esta moi ben, a min gustoume e pareceume facil de ler. Trata de unha muller que a base duns sucesos do pasado encóntrase retida nun manicomio no que coñece ao seu doutor. El intenta axudala pero non ten claro se o conseguirá. O que mais me gustou foi o romance que ten o libro entre duas persoas de diferente idade.

lunes, 5 de octubre de 2009

Memorias dun ninguén, Carlos Mella


O outrora parlamentario por Coalición Galega conta as súas memorias desde a súa nenez nunha aldea republicana nos primeiros días da sublevación militar e o cambio que produciu nas vidas de todos a guerra civil, a súa estadía en Bilbao para ir estudar a Deusto, onde por primeira vez ten conciencia de ser galego ("a miña patria é a miña lingua", dixera Castelao), reflexiona sobre o problema vasco e a identidade galega, inexistente no 48 cando regresa a Santiago para continuar cos estudos de dereito. Traballa como funcionario en Madrid e xoga no Atlético . Disputan un partido en Francia e abre os ollos : "o viaxeiro decatábase das contradicións entre o que vía e o que lle contaban". Logra un contrato en París como funcionario internacional e alí vivirá varios anos, ata que cumpridos os 50, xa morto Franco, regresa a Galicia, notando un gran choque.. A súa participación na política comeza aquí..

Un libro interesante para ver un fresco da sociedade galega e española dun home con amplitude de miras que completa á obra anterior, de máis análise política, Non somos inocentes.

Como facer un cómic, Lewis Trondheim e Sergio García


A editorial Factoría K de libros acaba de editar un precioso cómic no que dous debuxantes amigos , un francés e outro galego, xúntanse como personaxes do propio libro para axudarnos a comprender un cómic . Explícannos os diferentes tipos de planos, os bordos das viñetas, os globos,símbolos gráficos (por exemplo raias para o vento), espazo, tempo,(lembrades a elipse que nos ensinara José Tomás, nunha viñeta o cocho e noutra os chourizos?),os diferentes tipos de perspectiva, etc. Incluso ao final recoméndannos 6 libros para os que queiramos debuxar e profundar na arte de facer cómics. Ánimo e a intentalo!

jueves, 1 de octubre de 2009

EU DE MAIOR QUERO SER, ROSA ANEIROS


Este libro e precioso, apaixoante, moi fácil de ler e sobre todo moi entretido.

Trata duns estudantes que están a facer o seu último ano de carreira en Compostela e contan as experiencias dese último ano xuntos. O libro tamén fala sobre a adolescencia e os seus problemas e inquietudes.
Recomendaríallo a todos os que lles guste ler (e os que non tamén), xa que e tan sinxelo e répido de ler que o acabas nun abrir e cerrar de ollos.
Recoméndollo encarecidamente a toda a ESO e para todos os rapaces que pensen: eu de maior quero ser...!