lunes, 21 de septiembre de 2009

A morte dun editor.Derradeiros días de Anxel Casal,


Este libro, acabado de saír do prelo, conta os derradeiros días do alcalde de Santiago Ánxel Casal Gosenxe . Foi editor da revista Nós, na que colaboraban Castelao como director artístico ,e Risco como director literario; da revista A Nosa Terra, órgano oficial das Irmandades da Fala, de publicacións do Instituto de Estudos Galegos e de moitos libros en galego. Fusilado nunha cuneta de Cacheiras polos fascistas en 1936, Vicente Piñeiro novela os derradeiros días deste símbolo do galeguismo e da liberdade a través do personaxe de Lola, unha rapaza que estuda Historia en Santiago e que descobre o terror da "Galicia ametrallada nas cunetas " que choraba o poeta Pimentel, ao tempo que se namora de Tito...
De lectura sinxela, este libro axuda a recuperar a memoria histórica e a homenaxear a este home que colaborou co Conservatorio Nacional de Arte Galega na posta en escena de varias obras de teatro. Tamén creou a 1ª escola de ensino primario en galego (!) que existiu e a que asistiron gratuitamente máis dun cento de rapaces, e da que el mesmo era mestre.
A súa viúva marchou a Bos Aires, onde non quixo aceptar axudas ou subvencións de ningún tipo, e viviu do seu oficio de modista.

No hay comentarios:

Publicar un comentario