Sechu Sende é o autor deste divertido (polo surrealista da realidade que describe) libro de relatos moi curtos, pero con moita rafa.
Aínda que xa foi lido no clube de lectura da biblioteca o curso pasado, segue a ser unha recomendación de lectura moi válida para os que non o coñecedes. Todos os contos teñen un tema común: a lingua. Ou sexa, as situacións cotiás que se poden producir cando un usa o galego (ou non).
Velaí unha mostra:
Teño un ano e poucos días e cando escoito Clara presto atención.(...) Nesta casa falan dunha forma moi estraña. A mamá, a papá e aos avós cando están comendo, por exemplo, escóitolles palabras como Sopa, Pásame o pan, Un pouco de sal ou Biscoito. Eu poño o oído e escoito e vou aprendendo.(...)
O problema que teño é que, por exemplo, mamá cando fala de min con papá di A nena está esperta e de repente ven onda min e dime: Ay, mi niña, que ya despertó, ya despertastes, Clara? (....) É unha situación estraña que se repite continuamente. Entre eles non, máis comigo cambian de forma de falar.
Ah, Sechu Sende popularizou o título dun destes contos nunhas camisetas que seguro que vistes : Eu nunca serei Yo. Boísimo, verdade?

No hay comentarios:
Publicar un comentario