lunes, 31 de mayo de 2010
Galicia de lenda, González Reboredo e Vilar Álvarez
Na biblioteca temos algún libro precioso sobre lendas de Galicia, como este subtitulado "Galicia para soñar", que está editado por Hércules edicións. É un libro de consulta grande, cunhas preciosas fotos que ilustran os textos. Nel podemos atopar un estudio introductorio do antropólogo Gónzalez Reboredo sobre os temas e personaxes do noso lendario, moi rico e variado, e un montón de lendas, como "O lobishome", "O tesouro dos Castros", "O Pico Sacro"...
Son moi interesantes as explicacións sobre as nosas lendas..por exemplo, por que os castros son atribuídos aos mouros?
Porque os vellos heroes son esquecidos e substituídos por outros máis recentes.Aínda que Galicia non viviu sistematicamente a ocupación dos musulmáns si notou a presión da súa presencia en terras máis meridionais.O mouro foi elevado á categoría de "outro" por antonomasia e aplicouse este termo para explicar calquera cousa ou feito do pasado que non se pode explicar por outra vía.
Por que hai seres do imaxinario femininos, belísimas , con riquezas..que se aparecen a homes?
Pois serviu no medievo para dotar ás familias fidalgas dun superior estatus,no caso por exemplo da muller serea, pero tamén para xustificar a endogamia no propio grupo e de camada socio-económica, como no caso da muller serpe, que non pode ser desencantada.
miércoles, 12 de mayo de 2010
Cartas de inverno
ELA , MALDITA ALMA
o libro ELA,MALDITA ALMA e un libro moi interesante, que consta de varios relatos . Cada un deles trata un tema interesante. SERGIO
OS BIOSBARDOS
O libro en sí gustoume, está algo difícil pola linguaxe que utiliza pero así que vas lendo faise máis doado.
Algo que me chamou bastante a atención e que a maioria dos contos se desenrolan nun ambiente de aldea a que él chama "Aura", pero que en realidade e Ourense.
Si e verdade que non conta moito en cada historia, que simplemente son pequenos capítulos da vida de varios persoaxes, pero o pouco que conta faino moi ben.
Son oito contos e quizáis o que máis me gustou foi o de "A arrasadeira", porque algunha vez me sentín identificada polo xogo, e o que menos, "O noxo".
Cor Gris Vida
Sinceramente,encantoume, é un libro curto e sinxelo de ler,
pero ó mesmo tempo, é un libro ó que se lle poden sacar moitas cousas.
Gustoume a maneira que ten o autor de contar os sucesos, enlazandoos, facendolle percatarse a protagonista que aínda que a súa familia non a entenda, si que o poden facer outros.
pero ó mesmo tempo, é un libro ó que se lle poden sacar moitas cousas.
Gustoume a maneira que ten o autor de contar os sucesos, enlazandoos, facendolle percatarse a protagonista que aínda que a súa familia non a entenda, si que o poden facer outros.
Os vellos non deben namorarse - Castelao
Son tres actos teatrales. Os actos non teñen nada que ver entre si, só teñen en común historias de amores de xente maior.
O principio (sobre todo nalgún acto) é dificil seguir o fio da historia, pero o final, nas últimas páxinas sempre se acaba comprendendo todo.
A min persoalmente fui un dos libros de Castelao que máis me gustou de Castelao, lese moi rápido e ten unha fácil comprensión para calquera idade.
O principio (sobre todo nalgún acto) é dificil seguir o fio da historia, pero o final, nas últimas páxinas sempre se acaba comprendendo todo.
A min persoalmente fui un dos libros de Castelao que máis me gustou de Castelao, lese moi rápido e ten unha fácil comprensión para calquera idade.
"O LAPIS DO CARPINTEIRO" MANUEL RIVAS
O lapis do carpinteiro é unha obra moi interesante, xa que plasma perfectamente o vivido en Galicia durante a Guerra Civil xunto con unha engaiolante historia de amor que, por sorte, acaba ben. É unha historia que non esconde nada: deixa ver todo,ata o máis duro da realidade, que me parece moi ben, por certo, así podemos ver con claridade todo. Recoméndoa a todo aquel que lle guste temas relacionados ca guerra e que non lle importe botar algunha bágoa polo camiño.
Os Biosbardos- Eduardo Blanco Amor
Son varios relatos (oito concretamente), as historias non están mal pero están nun linguaxe antigo e culto, é dicir, de dificil comprensión.
O libro e curto. A miña opinión persoal e que o leades que vos gustara moito, ainda que sexa de dificil comprensión animádevos porque finalmente merece a pena.
martes, 11 de mayo de 2010
A cidade maldita, Xelucho Abella Chouciño
TONECHO DE REBORDECHAO
AUTOR:BREOGAN RIVEIRO.
Rebordechao é unha aldea que se atopa no cu do mundo. Nela vive Tonecho un rapaz que vivía na cidade e que tivo que vir para a aldea por causa de un accidente no que lle morreron os pais pero na aldea vive cos seus avos. De repente Tonecho empeza a oir rumores de que había un asasino en Rebordechao hai tempo e entón Tonecho enpeza a investigar e comeza unha aventura moi emocionante.
Este libro gustoume moito, é un libro moi emocionante é un dos poucos libros nos que me metín na historia como se fose o protagonista. Tamen é un pouco bravo e di cousa pouco normales e educativas pero recomendo este libro para calquera persoa que estea dende sexto para diante.
O CAN DOS BASKERVILLE, Arthur Conan Doyle
O can dos Baskerville e unha novela de Arthur Conan Doyle, no que Sherlock Holmes e Watson resolven un misterio no que unha fera está matando a todos os descendentes da familia dos Baskerville. O último dos descendentes pídelle axuda para que descubra a fera e a mate. Sherlock Holmes e Watson enrolanse nesta fascinante aventura na que pasaran moitas aventuras intentando descubrir á misteriosa fera que está acosando ao último descendente.
O libro gustoume moito , porque é de misterio e a min gústame moito o misterio. É moi interesante e ten un enigma increible , sobre todo porque ten moitos personaxes e non sabes quen será o dono da incrible fera. O malo que ten o libro é que polo medio xa sabes quen é o dono da fera. Aínda así , é moi interesante como pillan ao culpable.
JORGE GARCÍA DEL RÍO
Quérote de Úrsula Heine
A min o libro gustoume moito porque é moi bonito e trata moito sobre os sentimentos. O que menos me gustou foi que Ancor foi moi malo con Sabela ao deixala así. E tampouco me gustou o de que despreciaran a Yvonne por ser de outro país. Recoméndollo a xente que lles guste falar sobre os sentimentos e que non lles gusten os desprecios.
Tonecho de Rebordechao, Breogán Riveiro
Tonecho de Rebordechaovai dun neno que vive nunha aldea moi difícil de atopar. Él é o único rapaz que hai na vila por iso di que é o máis guapo de todos. O seu avó empézalle a contar historias que pasaron e iso fai que comeen a sucader pensamentos extraños.
Este libro paréceme moi bonito e intrigante. Eu pensaba que os contos que dicían eran mentira e que só se usban para darlle medo aos rapaces pequenos, pero resulta que case todo o que dicían as historias eran verdade. O que máis me gustou foi que ao final o rapaz se apiada da loba e a deixa marchar en paz.
Aconséllolle este libro aos que lle gusten as historias de intriga.
A cidade maldita , Xelucho Abella Chouciciño
Gustoume moito o libro e recoméndollo a xente que lle guste o misterio e as aventuras.Trata de que un neno chamado Cibrán, xogando no parque,atopa un medallón que ao collelo desaparece da época actual e aparece nun lugar diferente.A xente cando o ve pensa que é a persoa que a quitará da malcición e alí vive moitas aventuras ata que consigue volver a súa casa.
Alicia no Pais das Maravillas Lewis Carrol
O libro é adecuado para ás persoas que están algo tolas posto que os personaxes están todos como unha choca.
A historia atrae moito e podes aprender unha chea de refráns ingleses.
O libro trata sobre unha rapaza chamada Alicia que, accidentalmente cae polo tobo dun coello e vai parar a unhas terras inimaxinables. Todo está fora do normal e Alicia atópase cuns seres moi raros como: un gato que desaparece, unha lebre que non dí mais que parvadas, unha raíña que corta cabezas e resulta que o personaxe mais normal, e o Sombrereiro que está tolo de remate.
Alicia ao final acáballe chamando a ese mundo, O Pais das Maravillas.(o nome séntalle moi ben).
Memorias de Viriato, Andrés Teixeiro
A min o libro "Memorias de Viriato" de Andrés Teixeiro gustoume moito. Trátase dunha xabarín que vivía en cautividade. Un día fora abandonada no monte polo seu dono. Alí foi coñecendo novos animais e sobrevivir aos cazadores. Tivo unha familia e tivo que coidar dos seus fillos (dous machos e dúas femias) pero tivo a desgraza de que lle morreran os seus catro raións.Un caéralle por un barranco e os outros tres foran matados polos cazadores. Decidira volver a onde naceu.
As bruxas, Roald Dahl
Pel de lobo,Xosé Miranda
O libro trata sobre un pai e un fillo(Fulxencio e Xosé) que tiñan sonda de bos tiradores. Chamáronos dun pobo de lonxe, do Incio, para matar un lobo verdareiramente perigoso.
Pero chegan alí, e o lobo resulta ser algo nunca visto. Entre outras cousas Xosé namórase
dunha das fillas, e quedou a vivir alí.
Este libro non me gustou moito, a verdade. Era difícil de entender, e ademais tiña unha linguaxe algo raro, da provincia de Lugo.Recomendariallo aos que lle guste a caza e a vida destes.
lunes, 10 de mayo de 2010
Os dous de sempre de Castelao
Este libro non me gustou moito porque ten un vocabulario complicado que o fai dificil de entender. Os seus protagonistas Pedor e Rañolas mostrannos dous estilos de vida completamente distintos que son propios da epoca na que Castelao escribiu este libro.
A Pedro déronlle unha vida privilexiada dende a súa infancia ata que casou. En cambio a vida de Rañolas foi todo o contrario, tuvo que emigrar cando tiña poucos anos en busca de unha vida mellor.
Silvia Pena 4ºA
o cazador de papaventos
O libro pareceume moi interesante e ameno, aínda que é un pouco grande e levoume tempo lelo. Recomendovos que o leades porque conta bastante ben a vida e a diferencia dos musulmáns ricos e pobres e de como unha persoa podelle facer mal o seu mellor amigo simple por querer que o seu amigo reacione dunha maneira agresiba cara el, pero tamen conta a vida dun rapaz desde a adolescencia ata que é un home. Animádevos a lelo.
"Pel de lobo" de Xosé Miranda
A min este libro gustoume moito xa que é unha historia moi bonita que trata de que un rapaz e o seu pai van a cazar ao lobo negro nun lugar do Incio.Este libro ensinache moitas cousas do monte e dos fidalgos.O que menos me gustou foi que era moi obvio que as rapazas eran os lobos.O que máis me gustou foi a historia de amor entre o neno e as fillas do fidalgo.Chamoume moito a atención foi o galego que o autor usou ao escribir o libro.
Moncho e Dríar / María garcía yañez
Mario:
Resumen:
Resumen:
Este libro trata das historias de dous nenos que viven a unha distancia de case 3000 anos. Moncho vive no 1985 e dríar no 5045. Dríar e moi infeliz en cambio Moncho pasoa moi ben co seu can ata fala del a todas horas. Un día Dríar viu pola pantalla do seu ordenador a Moncho e quiso vir vivir con el e de camillo viu que seu avo ía ter un acidente e salvouno. Gracias a iso Dríar vive con Moncho moi feliz e ata os pais de Moncho o adoptaron legalmente.
Opinion: E un libro de moita tristeza pola parte de Dríar pero pola parte de Moncho moi alegre o fin ta moi chulo cando se conoce Dríar e Moncho.
FIN
martes, 4 de mayo de 2010
QUÉROTE:Úrsula Heinze
Ainhoa: Este libro trata dunha rapaza chamáda Sabela Mendez Outeiro e escribe un diario do que lle vai pasando día a día. A ela dábaselle mal o inglés e tivo que quedar estudandoo todo o veran. Tiña unha amiga chamada Ainoa a que lle conta todo. Alguns días do veran Sabela iva xunto a casa de Ainoa para que lle axudase co inglés. Sabela estabase namorando de Ancor o irman de Ainoa pero a ela non lle dixo nada.Ancor tiña que marchar para Barcelona a seguir os seus estudos.En septembro cando acababa de empezar o colexio Ainoa decatouse de que Sabela e Ancor tiveran unha pequena aventura.... Pero non todo foi de cor rosa para Sabela uns días despois chegou Ancor de Barcelona con algo que a Sabela non lle pareceu ben pero se queredes saber o que animovos a que o leades a min gustoume moito.
lunes, 3 de mayo de 2010
Tempos Novos,
Hoxe 3 de maio celébrase o día da Liberdade de prensa. Desde aquí queremos recomendar a revista mensual Tempos Novos (que se define como de información para o debate) e 2 xornais dixitais : Vieiros e O Xornal . E non hai que esquecer os blogs que a título individual se esforzan por fornecernos de información crítica non subvencionada polo polo poder. É cuestión da buscalos.
E noutro apartado..vede A xanela, en Vimeo, precioso traballo sobre a nosa lingua feito por unha...rusa!
E noutro apartado..vede A xanela, en Vimeo, precioso traballo sobre a nosa lingua feito por unha...rusa!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)