Este prolífico autor honraranos coa súa presenza o 4 de xuño, así que para poder debater con el sobre a súa obra debemos irnos achegando a ela para poder preguntarlle moitas cuestións que nos pode suscitar a súa lectura.
Rinocerontes e quimeras foi lida e comentada no clube de lectura de adultos e tamén dos alumnos da ESO. Trata de 7 monstros de feira que traballan nun circo ambulante...,do medo á vida, á toma de decisións por un mesmo e a asumir as consecuencias nun mundo hostil no que a única defensa será a súa amizade.
Para os máis novos temos na biblio
O canto dos peixes, que narra a amizade dun mariñeiro xubilado e solitario que vive nunha residencia, cun rapaz humilde que se viu obrigado a deixar os estudos para recoller ferralla debido á pésima situación económica da familia, e
Sari, soñador de mares, homenaxe a
Se o vello Simbad volvese ás illas de A. Cunqueiro. Sari é un rapaz que entra de criado na casa do rico Simbad..vello mariñeiro, pero as cousas non serán como parecen. A amizade entre nenos e anciáns e a querencia polo mar , cun léxico moi coidado que ás veces ralentiza a acción, volven ser os temas deste libro...
que vos gusten....mentres agardamos que saia do prelo
O pintor do sombreiro de malvas, recente Premio Lazarillo.