Sofía e Lupe son violadas a noite de entroido. Dende ese momento todo será unha loita para "sobrevivir" no instituto. Pero non están soas...
Recoméndolle este libro a aquela xente que pense que tras unha violación ou tras uns malos tratos a vida xa rematou. Para que vexan que hai que loitar e sobre todo para que vexan que loitaremos xuntas para que as mulleres sexan algo máis que obxetos sexuais, criadas e sumisas.
lunes, 22 de febrero de 2010
Árbores de Galiza, VV. AA. A Nosa Terra,
O 21 de marzo celébrase o Día da Árbore. Este libro que hoxe comentamos non é unha guía de botánica ao uso. No índice atopamos os temas que trata: Estrutura das árbores, a vida nas árbores, os bosques galegos , importancia das árbores,e a árbore como símbolo. Divídeas en 3 grandes grupos: especies autóctonas, árbores froiteiras e árbores de parques e xardíns. Pero o mellor deste libro son as súas fotos. Sabes onde está o carballo máis vello de Galiza? Pois no Pazo de Cartelos ( Carballedo). Mide 35 m. e ten 12 m. de perímetro. Calcúlase que andará polos 500 anos,ou sexa , aínda na metade da súa vida, pois un carballo pode superar os 50 m e vivir 1000 anos. Cantas cousas terá visto! Por iso os celtas considerábano sagrado e celebraban as vodas debaixo del. Tamén Castelao escribiu " O albre é o simbolo do señorío espiritual de Galiza (...) O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar" ( Sempre en Galiza).
Ás fotos veñen acompañadas de poemas de escritores galegos, por exemplo, Nao senlleira de Fermín Bouza Brey : " Naquel biduído dos bidos louzanos o paxaro Sol non pía os seus raios e morre de amor".
Un libro precioso para que cho regalen polo aniversario ou para regalarllo a algén especial.
Pero se queres un libro para levar de excursión e ires aprendendo grazas aos seus debuxos e explicacións é moi útil a Guía das árbores de Galicia , de M. Castro, L. Freire e A. Prunell editada por Xerais .
Se tes un irmanciño máis pequeno e queres que aprenda moito, amósalle A árbore, da Biblioteca Visual Altea. Presumiredes de coñecementos e poderedes ser os mellores amigos da natureza .
Ás fotos veñen acompañadas de poemas de escritores galegos, por exemplo, Nao senlleira de Fermín Bouza Brey : " Naquel biduído dos bidos louzanos o paxaro Sol non pía os seus raios e morre de amor".
Un libro precioso para que cho regalen polo aniversario ou para regalarllo a algén especial.
Pero se queres un libro para levar de excursión e ires aprendendo grazas aos seus debuxos e explicacións é moi útil a Guía das árbores de Galicia , de M. Castro, L. Freire e A. Prunell editada por Xerais .
Se tes un irmanciño máis pequeno e queres que aprenda moito, amósalle A árbore, da Biblioteca Visual Altea. Presumiredes de coñecementos e poderedes ser os mellores amigos da natureza .
miércoles, 10 de febrero de 2010
o lapis do carpinteiro
Director: Antón Reixa. Guión: Xosé Morais, Antón Reixa. Intérpretes: Tristán Ulloa, Luis Tosar, María Adánez, Nancho Novo, Manuel Manquiña, Carlos Blanco, Miguel de Lira,... O polifacético Antón Reixa perde o virgo na dirección de longametraxes coa adaptación para o cine da obra de título homónimo de Manolo Rivas. Aínda que se pedira insistentemente disociar a película do libro, nós faremos caso omiso, de aí que a nosa análise sexa un estraño híbrido. A historia, recorrente ata a saciedade, de amor en tempos de guerra é o fío conductor do triángulo “amoroso” que se establece entre o fabuloso doutor Da Barca, guapo, intelixente, comprometido coa causa republicana, odioso no caso improbable de existir, dignamente interpretado por Tristán Ulloa; a súa fermosa moza; Marisa Mallo, filla do indiano reaccionario e oportunista, Manuel Manquiña inverosímil nun papel serio, interpretada nefastamente, sendo incapaz de transmitir ningún sentimento por María Adánez; e o garda civil Herbal, obsesivo persecutor, representando a mirada atemperada do verdugo polo poder balsámico do lapis, do que se fai cargo Luis Tosar, verdadeiro baluarte actoral do filme, nunha espléndida interpretación da súa bipolar personaxe.
O lapis do carpinteiro
O libro en cada capítulo trataba dun tema distinto e por iso non me gustou.Por exemplo nun capítulo estaban no cárcere, noutro na praia. Ao final da historia os protagonistas marcharon a México. Un dos protagonistas estivo a punto de morrer ,ao lado da torre de Hércules pero sempre se salvaba. Os protagonistas chamábanse Daniel da Barca que era o doutor do cárcere
de Falcona ea muller chamabase Marisa. Estiveran a punto de casarse pero el entrou no cárcere.
Os libros de Manuel Rivas me son complicados porque non os entendo.
O tesouro da lagoa de Reid'ls Agustín Agra
Aldara e Paulo son dous rapaces que van pasar as vacacións a casa dos seus avós.
O avó cóntalles unha historia sobre un tesouro que tivera que buscar el, cando era novo, para salvar ao seu pai dun mal de ollo.
Para salvalo tiña que baixar ao fondo dunha lagoa chamada Reid'ls e encontrar o tesouro, con só tocalo o seu pai salvaríase.
O libro a min gustóume porque garda o segredo ata o final e recoméndollo as persoas as que lle gustan as aventuras e a emoción.
Flores Radiactivas Agustin Fernandez Paz
Este libro trata dunha rapaza chamada Alba que oe na radio unha noticia sobre unha mancha branca na fosa mariña. Cando seu irmá ,vai a fosa a analizar a mancha, Alba e seu amigo Xabier métense na barca e collen unha mostra da mancha. Os membros da OTAN, unha asociacion, intenta que non lle leven a mostra da mancha, que consegueu Alba, aos cientificos.
A min este libro non me gustou moito porque é bastante rollento. Este libro vai de aventuras. Ademas o segredo do que era a mancha non se sabe ata o final.
As flores radictivas- Agustín Fernández Paz
Na Fosa Atlántica ocorreu un suceso moi intrigante. A xente non sabe o que é e os da OTAN queren ocultar o que é para que o mundo non se volva pola paz. Pero os da ADEGA consiguen saber o que é.
É un libro moi bonito e intrigante. O caso da Fosa Atlántica é emocionante e acábase resolvendo.
Recoméndollo á xente que lle gusten as historias interesantes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)