lunes, 18 de enero de 2010

Dicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega





Este dicionario é, ademais de utilísimo, un libro para ler. Ben, non como lemos unha novela, claro, pero é moi interesante polas explicacións que acompañan ás palabras , e non só a súa definición, como os dicionarios correntes. Un exemplo :
crepe - Torta fina de fariña, leite, auga, ovos e azucre.É galicismo. Utilícese mellor filloa ou freixó.
             A transmisión desta voz parece inducida polo castelán, pois nesta lingua é voz de uso normal que substituíu precticamente á voz tradicional hojuela .
Se quixeramos saber como se traduce a expresión  miel sobre hojuelas (mel nas filloas) deberiamos acudir ao Dicionario Cumio de expresións e frases feitas castelán- galego , organizado alfabeticamente, buscamos a palabra miel e podemos ver os refráns que hai en castelán que conteñen esta palabra, e a súa tradución correcta ao galego.
Edicións A Nosa terra publicou un manexable Dicionario fraseolóxico galego , por exemplo e seguindo co mel, encima do mel, filloas ( serve para resumir unha situación na que se suman varios feitos negativos ):
"Escangallou o coche e por riba lle puxeron unha multa: encima de mel filloas".
Tamén Xerais ten un Dicionario de Fraseoloxía Galega para que sigamos co mel nos beizos.
Se queremos buscar un sinónimo  teremos que ir ao Pequeno Dicionario Século 21 de sinónimos e antónimos da lingua galega, editado polo Cumio onde vemos que mel é por extensión dozura, antónimo fel. 
Cómpre saber que temos a Diciopedia do século 21, dicionario enciclopédico en 3 volumes que nos solucionará moitas dúbidas e nos axudará cos traballos de clase. Ainda que moito máis completa é a Gran Enciclopedia Galega, 44 volumes vermellos que recollen todas as cuestións relacionadas con Galicia. se buscamos aquí mel poderemos saber cantas clases de mel hai ( de silva, queiroga, eucalipto, castiñeiro..) asociacións de apicultura, meleiros, e tamén ditos relacionados co mel.
Se queremos saber que significa o noso nome teremos que ter o Dicionario de Nomes galegos editado por Ir Indo, ou o máis sinxeliño de Xerais.
"Nomen est omen", o nome é un presaxio, un agoiro,por iso os pais e nais pensan moito o nome que lle poñerán aos seus fillos de por vida , aínda que non é a lingua quen prestixia á xente, senón a xente quen prestixia a lingua. É dicir, son as persoas as que prestixian o nome. ( o nome hai que sabelo levar, di o refrán).
Por último , ao mellor queremos saber que significa o nome do lugar onde vivimos, e buscarémolo en  Os nomes de lugar, de Xerais  . A Baña vén do latín " balneu" baño, charco, paraxe con auga. segundo Cabeza Quiles, autor  doutro libro de topónimos Os nomes da terra en Toxos Outos , tamén moi completo
E como novidade, Xerais acaba de sacar o seu dicionario da lingua galega en 2 volumes, actualizado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario