lunes, 25 de enero de 2010

O entroido galego, Federico Cocho, A Nosa Terra.




 Agora que xa estamos a piques de celebrar o entroido, podemos ler un destes pequenos libriños para saber algo máis das orixes desta festa que se celebraba en toda Europa desde a Idade Media. Esta festa fixouna no calendario a Igrexa Católica no comezo da Coresma, é dicir, como introducción ao período de abstinencia carnal (alimenticia e sexual) co que se prepara a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. ( carnem levare significa en latín levar, quitar a carne, sexa do tipo que sexa, e deu lugar á palabra carnaval) Ridiculizábase o lado demoníaco do ser humano para logo exaltar a victoria da espiritualidade e do cristianismo.  Entroido vén do latín introitus, entrada na coresma .
 Pero esta festa incorpora máscaras e tradicións procedentes de rituais precristiáns ancestrais.Os enmascaramentos eran habituais nos ritos do solsticio de inverno , o 24 de decembro,para pedir boas colleitas aos deuses. Aínda saen hoxe máscaras por Aninovo en certas aldeas galegas e doutros puntos de Europa.
Recoméndovos facer o triángulo máxico; Xinxo, Laza e Verín, para poder observar os distintos tipos de máscaras : pantallas, peliqueiros , cigarróns e un sinfín de nomes e tipos que se foron perdendo.Participan persoas de todas as idades, así que o mellor é  ir disfrazado e unirse a eles. Pero se non podedes ir a Ourense, temos próximos os Xenerais do Ulla  vestidos imitando uniformes militares antigos.  Saen por Cacheiras, Pontevea, Lestedo...e van con cabalos engalanados parando nas casas para botarlles un "Viva" aos donos e unha copla satírica. Podía haber enfrentamento verbal (regueifa) entre os Xenerais das distintas parroquias.
Ánimo e a pasalo ben!

martes, 19 de enero de 2010

Dúas bagoas por Máquina Fina Casalderrey


Este libro trata dunha rapaza que perde ao o seu can e non o dá encontrado.

Este libro é un pouco triste pero aínda así é moi bonito. Desde o primeiro día que o empecei a ler enganchoume moito.

A nena pasáranlle moitas cousas e ao can tamén.


Dúas bágoas por Máquina , Fina Casalderrey


Este libro trata dunha nena que perde ao seu can chamado Máquina e pasa moitas aventuras buscándoo.Ela recorda o día que llo regalaron e ao final o can volve e ela séntese moi feliz.


Gustoume moito o libro porque che enseña o verdadeiro valor da amizade.

Tres blues e un rap,de Quintiá,Maceiras,Calveiro e Canosa


O libro gustoume porque é moi bonito e como ten varios contos pois e fácil de ler.Ten catro contos.O primeiro trata dun rapaz ao que lle gusta moito o grafiti, o monopatín e o rap. Tamen lle gusta unha rapaza que desde que a conoceu cambiara moito a súa forma de ser.

Ese foi o conto que máis me gustou pero os outros tamen me gustaron.Recomendo este libro aos que lles guste a música,sobre todo o rap e o blues.

lunes, 18 de enero de 2010

Dicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega





Este dicionario é, ademais de utilísimo, un libro para ler. Ben, non como lemos unha novela, claro, pero é moi interesante polas explicacións que acompañan ás palabras , e non só a súa definición, como os dicionarios correntes. Un exemplo :
crepe - Torta fina de fariña, leite, auga, ovos e azucre.É galicismo. Utilícese mellor filloa ou freixó.
             A transmisión desta voz parece inducida polo castelán, pois nesta lingua é voz de uso normal que substituíu precticamente á voz tradicional hojuela .
Se quixeramos saber como se traduce a expresión  miel sobre hojuelas (mel nas filloas) deberiamos acudir ao Dicionario Cumio de expresións e frases feitas castelán- galego , organizado alfabeticamente, buscamos a palabra miel e podemos ver os refráns que hai en castelán que conteñen esta palabra, e a súa tradución correcta ao galego.
Edicións A Nosa terra publicou un manexable Dicionario fraseolóxico galego , por exemplo e seguindo co mel, encima do mel, filloas ( serve para resumir unha situación na que se suman varios feitos negativos ):
"Escangallou o coche e por riba lle puxeron unha multa: encima de mel filloas".
Tamén Xerais ten un Dicionario de Fraseoloxía Galega para que sigamos co mel nos beizos.
Se queremos buscar un sinónimo  teremos que ir ao Pequeno Dicionario Século 21 de sinónimos e antónimos da lingua galega, editado polo Cumio onde vemos que mel é por extensión dozura, antónimo fel. 
Cómpre saber que temos a Diciopedia do século 21, dicionario enciclopédico en 3 volumes que nos solucionará moitas dúbidas e nos axudará cos traballos de clase. Ainda que moito máis completa é a Gran Enciclopedia Galega, 44 volumes vermellos que recollen todas as cuestións relacionadas con Galicia. se buscamos aquí mel poderemos saber cantas clases de mel hai ( de silva, queiroga, eucalipto, castiñeiro..) asociacións de apicultura, meleiros, e tamén ditos relacionados co mel.
Se queremos saber que significa o noso nome teremos que ter o Dicionario de Nomes galegos editado por Ir Indo, ou o máis sinxeliño de Xerais.
"Nomen est omen", o nome é un presaxio, un agoiro,por iso os pais e nais pensan moito o nome que lle poñerán aos seus fillos de por vida , aínda que non é a lingua quen prestixia á xente, senón a xente quen prestixia a lingua. É dicir, son as persoas as que prestixian o nome. ( o nome hai que sabelo levar, di o refrán).
Por último , ao mellor queremos saber que significa o nome do lugar onde vivimos, e buscarémolo en  Os nomes de lugar, de Xerais  . A Baña vén do latín " balneu" baño, charco, paraxe con auga. segundo Cabeza Quiles, autor  doutro libro de topónimos Os nomes da terra en Toxos Outos , tamén moi completo
E como novidade, Xerais acaba de sacar o seu dicionario da lingua galega en 2 volumes, actualizado.