lunes, 14 de diciembre de 2009

O Señor Ibrahim e as flores do corán


Ainhoa: A min gustoume moito o libro xa que foi moi bonito e é moi fácil de ler.
O libro trata dun neno que vive con seu pai xa que súa nai desocupouse del cando era moi pequeno,o rapaz queria reencontrarse con sua nai e tivo oportunidade cando seu pai.... o que lle pasou a seu pai teredelo que adiviñar vos.
Veña anímovos a que o leades esta moi ben!!

lunes, 30 de noviembre de 2009

As vidas de Galileo



Esta viaxe pola historia da astronomía , editado no Ano Internacional da Astronomía, orixinariamente en francés, cóntanos en forma de cómic os principais descubrimentos relacionados co espazo . Empeza en Babilonia (3000 anos antes da nosa era), xa que os  astrónomos de Mesopotamia xa podían predicir os eclipses, coñecían o movemento dos planetas, as estacións, e o zodíaco . Continúa en Alexandría, famosa pola illa de Faros, símbolo do poder grego en Exipto, e coñecida pola súa Biblioteca.É sorprendente que non se mencione a ningunha muller astrónoma en todo o libro, sobre todo agora que a figura de Hipatia é coñecida grazas á película de Amenabar, e sabendo que houbo importantes mulleres matemáticas ao longo da historia.  Explícanos tamén como na India no 499 da nosa era coñecían a lineación dos 5 planetas coñecidos coa lúa e o sol. Segue na Venecia de Galileo, creador do telescopio grazas ao que descubriu as montañas da lúa ( pensábase que era lisa) e o movemento da Terra  (non se sabía que xiraba arredor do Sol), pero non se menciona no libro o proceso inquisitorial que sufriu por parte da Igrexa, de xeito que se viu obrigado a retractarse das súas palabras, comezando a separación Igrexa - Ciencia, que dura na actualidade.
Segue coa biografía de Halley, que descubriu o cometa que leva o seu nome, , que voltará en 2061,  e acaba cos descubrimentos científicos actuais.
En fin , ten de bo que está en galego, que nas matemáticas, astronomía e disciplinas científicas en xeral aínda non hai moito material editado, pero para ser un libro que conmemora o Ano da Astronomía podía estar máis coidado en canto aos contidos .

lunes, 23 de noviembre de 2009

Guía do Courel, X. Guitián, L. Guitián e J.L. Martínez,



Na colección de Guías Xerais, acaba de editarse esta preciosa e documentada Guía do Courel, terra, como xa sabedes , na que naceu e  viviu o poeta Uxío Novoneyra. Os autores explícannos o contorno natural, a fauna e flora destes " Cousos do lobo! Caborcos do xabarín!  Eidos solos onde ninguén foi nin ha de ir!" en palabras do rapsoda.
Libro completísimo, con fotos preciosas e rutas detalladas, explicación da flora e da fauna, mapas e ata onde durmir e comer na Serra do Courel. E unha recomendación persoal : facede a ruta da Devesa da Rogueira, (unhas 4 horas a pé por un bosque declarado de especial protección polo WWF) e reparade as forzas comendo un delicioso xabarín con castañas se ides agora no outono. Pedide aos  vosos pais que vos leven ou levádeos vós a eles. Non sería un bonito regalo de Reis?

Colección Mitos e tradicións. Edicións do cumio





Hoxe imos coñecer unha serie de libros de Xosé Ramón Mariño Ferro que teñen en común o esforzo do autor  por recoller e preservar a literatura oral. Destacan títulos como Contos marabillosos , Serpes e dragóns, Contos de homes e mulleres, Lobos, lobas e lobishomes, e Aparicións e Santa Compaña.
 O autor, profesor de antropoloxía na Universidade de Santiago, estuda os costumes , crenzas e tradicións de Galiza, pero tamén as conexións coa cultura popular europea. Convén ler estas obras e reflexionar sobre o valor do noso patrimonio inmaterial.
Ademais da historias que Mariño Ferro recolle, hai unha pequena explicación da súa orixe.Vexamos:
" Por que os galegos, ademais de crer no Purgatorio de lume, cren no purgatorio deste mundo? Porque a presenza dos mortos entre os vivos serve de proba, case física, á crenza noutra vida.(....) crer que despois desta vida existe outra axuda, sen dúbida, a mitigar a angustia. As crenzas galegas sobre aparecidos  son unha auténtica xoia pensada para ese fin."
E se vos interesa  saber máis sobre a morte buscade A morte de Marcial Gondar Portasany na nosa biblioteca, ( 39, etnografía e folklore), Interesantísimo ! (e delgadiño...) ou saber o porqué das nosas festas e tradicións..

lunes, 9 de noviembre de 2009

As razóns do galego. Apelo á cidadanía., Henrique Monteagudo.



O profesor H. Monteagudo, preocupado polo momento crítico que está a pasar o galego, consciente de que segundo como se resolvan as dificultades nun futuro próximo vai depender o porvir do noso idioma, acaba de publicar este libro que pretende fornecer de argumentos obxectivos e imparciais , comprensibles para calquera persoa sen formación filolóxica, de defensa da lingua, nun chamamento á responsabilidade das persoas neste labor.
Igual que cada persoa que tira un papel...."total, por un papel" ten a súa parte de responsabilidade na defensa do medio ambiente, cada galego ten a súa responsibilidade co seu idioma.
O libro está estructurado en dúas partes: pequenos ensaios divulgativos cun argumentario de defensa do idioma comprensible por calqura cun mínimo de sensibilidade, e unha escolma de artigos que este filólogo xa publicara en El País.
Velaí vai unha pequena mostra:
¨ É un feito cientificamente comprobado que, en contextos de bilingüísmo desigual, o predominio no sistema educativo da lingua ambiental dominante reforza a marxinación da lingua subordinada. Ademais, impide a adquisición dunha competencia lingüística suficiente nesta dos falantes da 1ª , e entorpece o desenvolvemento cognitivo dos falantes da lingua minorizada. Pola contra, o uso preferente desta no sistema educativo beneficia aos falantes da 2ª  e constitúe a única forma de garantir que os falantes da lingua dominante adquiran competencia na outra. " (páx. 26)
Ou , máis sinxelamente: " Por que cidadáns casteláns falantes se ven obrigados a aprender galego?
Pois,tamén ao revés, queiran ou non, teñen que usar o castelán ".

viernes, 6 de noviembre de 2009

ollos de auga


OPINIÓN:
E raspado porque o conta ben... Libro destes hai a moreas, non sei porque tanto bombo, que si vai ser traducido ao español, que se tal.
É entretido, certo, pero flouxo floxo. Quizais o final, ben arranxa o libro, menos mal...3



ollos de auga