Mostrando entradas con la etiqueta astronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta astronomía. Mostrar todas las entradas
lunes, 30 de noviembre de 2009
As vidas de Galileo
Esta viaxe pola historia da astronomía , editado no Ano Internacional da Astronomía, orixinariamente en francés, cóntanos en forma de cómic os principais descubrimentos relacionados co espazo . Empeza en Babilonia (3000 anos antes da nosa era), xa que os astrónomos de Mesopotamia xa podían predicir os eclipses, coñecían o movemento dos planetas, as estacións, e o zodíaco . Continúa en Alexandría, famosa pola illa de Faros, símbolo do poder grego en Exipto, e coñecida pola súa Biblioteca.É sorprendente que non se mencione a ningunha muller astrónoma en todo o libro, sobre todo agora que a figura de Hipatia é coñecida grazas á película de Amenabar, e sabendo que houbo importantes mulleres matemáticas ao longo da historia. Explícanos tamén como na India no 499 da nosa era coñecían a lineación dos 5 planetas coñecidos coa lúa e o sol. Segue na Venecia de Galileo, creador do telescopio grazas ao que descubriu as montañas da lúa ( pensábase que era lisa) e o movemento da Terra (non se sabía que xiraba arredor do Sol), pero non se menciona no libro o proceso inquisitorial que sufriu por parte da Igrexa, de xeito que se viu obrigado a retractarse das súas palabras, comezando a separación Igrexa - Ciencia, que dura na actualidade.
Segue coa biografía de Halley, que descubriu o cometa que leva o seu nome, , que voltará en 2061, e acaba cos descubrimentos científicos actuais.
En fin , ten de bo que está en galego, que nas matemáticas, astronomía e disciplinas científicas en xeral aínda non hai moito material editado, pero para ser un libro que conmemora o Ano da Astronomía podía estar máis coidado en canto aos contidos .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
