Mostrando entradas con la etiqueta ensaio lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ensaio lingua. Mostrar todas las entradas
lunes, 8 de marzo de 2010
55 mentiras sobre a lingua galega, Xosé-Henrique Costas ( coord)
" Eu falo galego porque son de aquí"...parece elemental...ou non? Desgrazadamente aínda hai persoas que preguntan por que falamos galego, mentres que non se lles ocorrería preguntar por que fala en francés a alguén nado en Francia , ou por que fala portugués un lisboeta. É triste que cercano o centenario da fundación das Irmandades da Fala se edite un libro que afonde nas actitudes e prexuízos sobre a lingua. As mentiras sobre a lingua están distribuídas en 9 apartados : mentiras sobre a historia da lingua, sociedade, ensino,administración, empresa, medios de comunicación, normativa , utilidade do galego e cultura.
En só 77 páxinas desmonta con rigor histórico e filolóxico, pero con moita claridade para quen non sexa especialista , tópicos que se veñen oíndo sobre a nosa lingua. Ideal para quen queira ter unha opinión propia e non se contente con escoitar só o que din persoas sen formación neste tema ou que pretendan terxiversar a realidade.
lunes, 9 de noviembre de 2009
As razóns do galego. Apelo á cidadanía., Henrique Monteagudo.
O profesor H. Monteagudo, preocupado polo momento crítico que está a pasar o galego, consciente de que segundo como se resolvan as dificultades nun futuro próximo vai depender o porvir do noso idioma, acaba de publicar este libro que pretende fornecer de argumentos obxectivos e imparciais , comprensibles para calquera persoa sen formación filolóxica, de defensa da lingua, nun chamamento á responsabilidade das persoas neste labor.
Igual que cada persoa que tira un papel...."total, por un papel" ten a súa parte de responsabilidade na defensa do medio ambiente, cada galego ten a súa responsibilidade co seu idioma.
O libro está estructurado en dúas partes: pequenos ensaios divulgativos cun argumentario de defensa do idioma comprensible por calqura cun mínimo de sensibilidade, e unha escolma de artigos que este filólogo xa publicara en El País.
Velaí vai unha pequena mostra:
¨ É un feito cientificamente comprobado que, en contextos de bilingüísmo desigual, o predominio no sistema educativo da lingua ambiental dominante reforza a marxinación da lingua subordinada. Ademais, impide a adquisición dunha competencia lingüística suficiente nesta dos falantes da 1ª , e entorpece o desenvolvemento cognitivo dos falantes da lingua minorizada. Pola contra, o uso preferente desta no sistema educativo beneficia aos falantes da 2ª e constitúe a única forma de garantir que os falantes da lingua dominante adquiran competencia na outra. " (páx. 26)
Ou , máis sinxelamente: " Por que cidadáns casteláns falantes se ven obrigados a aprender galego?
Pois,tamén ao revés, queiran ou non, teñen que usar o castelán ".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

