miércoles, 14 de abril de 2010

Trala liña do horizonte de Antonio García Teijeiro

Trala liña do horizonte é un libro que trata sobre un mozo que escapa do exército e atopa uns escritos e uns debuxos. Eses textos reflexan as desgracias da guerra, o mal que o pasa a xente, como os nenos non saben o que en realidade está pasando ... O mozo dase de conta ó ler eses textos que existe a liberdade e que algun día poderá vivir feliz.
Na miña opinión é un libro bonito e que reflexa moi ben os sentimentos das persoas. Hai historias moi confusas porque son tan curtas e explica tan pouco que non entendes nada, pero hai outras moi fáciles de ler e moi entretidas.

lunes, 12 de abril de 2010

Invisible, Paul Auster

Temos na biblio este novo libro de Paul Auster. Para os que somos fans deste autor cada nova tradución ao galego dun libro seu supón unha alegría.Nesta obra, a un estudante universitario sucédelle un feito que cambiará para sempre a súa vida...O envexable da escritura de Auster é a súa capacidade para enredar a madeixa dunh historia anódina e estirar o fío ata a  vellez e morte do protagonista que nos segue contando a súa vida grazas ao vello truco das cartas a un amigo...Sempre interesante , achegádevos a este autor coñecido tamén polos seus guións de cine...Smoke, Blue on the face, Lulú on the bridge ou como director en The inner life of Martin Frost.

jueves, 8 de abril de 2010

Cartas de Inverno Agustín Fernández Paz


Estea historia trata dun rapaz que ten unha irmá chamda Tareixa a cal lle envía unha carta e lle di que si non volve antes de unha samana a casa lla dera o inspector de policía. O rapaz dixéralle que na habrira pois o contido dela non o podia saber ninguen mais co inspector de policía, pero Tareixa non aguantba coa intriga e abriuna. Nela poñía que iba a quedar cun amigo del da infancia, que queria vir a vivir a Galicia. O rapaz non volviu a casa e o amigo del tampouco chegou a Galia porque... se queredes saber o porque tedelo que leer, animovos amin gustome moito porque e de intriga e todos os de intriga me gustan moito.