martes, 21 de diciembre de 2010

Sete casas en Francia, Bernardo Atxaga

Este libro nárranos a vida nun posto militar no Congo Belga en 1903, co trasfondo da colonización e a violencia exercida polos europeos sobre os nativos con total impunidade, e sen ningún tipo de remordementos. O capitán Lalande Biran pide cada xoves unha nativa virxe para non contaxiarse de enfermidades, ao tempo que traballa esforzadamente para  enriquecerse mediante o caucho, a caoba e o marfil e cumprirlle os caros caprichos á súa esposa que o agarda en París...pero a traizón e a envexa , a luxuria e a cobiza axexan...

lunes, 31 de mayo de 2010

Galicia de lenda, González Reboredo e Vilar Álvarez


   Na biblioteca temos algún libro precioso sobre lendas de Galicia, como este subtitulado "Galicia para soñar", que está editado por Hércules edicións. É un libro de consulta grande, cunhas preciosas fotos que ilustran os textos. Nel podemos atopar un estudio introductorio do antropólogo Gónzalez Reboredo sobre os temas e personaxes do noso lendario, moi rico e variado, e un montón de lendas, como "O lobishome", "O tesouro dos Castros", "O Pico Sacro"...

 Son moi interesantes as explicacións sobre as nosas lendas..por exemplo, por que os castros son atribuídos aos mouros?
Porque os vellos heroes son esquecidos e substituídos por outros máis recentes.Aínda que Galicia non viviu sistematicamente a ocupación dos musulmáns si notou a presión da súa presencia en terras máis meridionais.O mouro foi elevado á categoría de "outro" por antonomasia  e aplicouse este termo para explicar calquera cousa ou feito do pasado que non se pode explicar por outra vía.
Por que hai seres do imaxinario femininos, belísimas , con riquezas..que se aparecen a homes?
Pois serviu no medievo para dotar ás familias fidalgas dun superior estatus,no caso por exemplo da muller serea, pero tamén para xustificar a endogamia no propio grupo e de camada socio-económica, como no caso da muller serpe, que non pode ser desencantada.

miércoles, 12 de mayo de 2010

Cartas de inverno



Este libro gustoume moito, xa que é un destes libros dos que non podes deixar de ler, é un libro triste, misterioso, etc, no que todo pode dar un xiro ao final. No principio estaba un pouco perdida porque pasaba de falar un a falar outro e non me enteraba moito, pero o final si.


ELA , MALDITA ALMA

o libro ELA,MALDITA ALMA e un libro moi interesante, que consta de varios relatos . Cada un deles trata un tema interesante. SERGIO

OS BIOSBARDOS


O libro en sí gustoume, está algo difícil pola linguaxe que utiliza pero así que vas lendo faise máis doado.
Algo que me chamou bastante a atención e que a maioria dos contos se desenrolan nun ambiente de aldea a que él chama "Aura", pero que en realidade e Ourense.
Si e verdade que non conta moito en cada historia, que simplemente son pequenos capítulos da vida de varios persoaxes, pero o pouco que conta faino moi ben.
Son oito contos e quizáis o que máis me gustou foi o de "A arrasadeira", porque algunha vez me sentín identificada polo xogo, e o que menos, "O noxo".

Cor Gris Vida

Sinceramente,encantoume, é un libro curto e sinxelo de ler,
pero ó mesmo tempo, é un libro ó que se lle poden sacar moitas cousas.
Gustoume a maneira que ten o autor de contar os sucesos, enlazandoos, facendolle percatarse a protagonista que aínda que a súa familia non a entenda, si que o poden facer outros.

Os vellos non deben namorarse - Castelao

Son tres actos teatrales. Os actos non teñen nada que ver entre si, só teñen en común historias de amores de xente maior.
O principio (sobre todo nalgún acto) é dificil seguir o fio da historia, pero o final, nas últimas páxinas sempre se acaba comprendendo todo.
A min persoalmente fui un dos libros de Castelao que máis me gustou de Castelao, lese moi rápido e ten unha fácil comprensión para calquera idade.