miércoles, 17 de marzo de 2010

Eu De Maior Quero Ser..., Rosa Aneiros



Este libro gustoume moito, paréceme moi interesante para un futuro porque conta como son as vidas duns estudantes universitarios.

O libro trata de uns rapaces que viven en Santiago, que combinan os estudos co resto de actividades. Viven todos xuntos nun piso de aluguer.
Este libro recoméndollo a toda a xente que lle interese saber como é a universidade nun futuro.


Eu

A historia do home-can, Pepe Carballude


Este libro trata dun home que se convirte nun can tres días antes de San Xoan. Viaxa á cidade máis próxima, vai a un banco, vai a unha residencia de cans, vai aun pub , e volve para a casa. Non atopa a súa muller, e vai cun vagabundo deiterse debaixo dun cartón e dunhas tellas. Pásanlle moitas aventuras, e son moi divertidas, sobre todo a da discoteca e cando vai a bailar e a cantar.

A min non me gustou o libro, aínda que xa sabía o que iba pasar ao final, pero ainda así estivo ben. Tamén é de maxia, aínda que só ao principio e ao final. Penso que o conto en realidade o que quere mostrar é a maxia do día de San Xoán. Recoméndollo aos rapaces que lles guste a maxia e as aventuras de cans, ao resto non llo recomendo porque non val para nada.





Jorge García del Rio.

O LAPIS DO CAPINTEIRO MANUEL RIVAS

Este libro trata dunha carcel en un lugar de Galiza en que atan a xente por a menor infraccion que cometa levano a un lugar e executano pero un dos gardas dispara con balas de fogueo ou dis paralles nun lugar do corpo donde non che mata e.Hai un personaxe que e medico e o encarcelan ao longo da historia o medico conoce a unha moza e fanse amigos e marchan xuntos a outro lugar de galiza.e logo casanse.o libro non me pareceu tan bo como eu esperaba.EROS CANCELA CALVELO

lunes, 8 de marzo de 2010

55 mentiras sobre a lingua galega, Xosé-Henrique Costas ( coord)


" Eu falo galego porque son de aquí"...parece elemental...ou non? Desgrazadamente aínda hai persoas que preguntan por que falamos galego, mentres que non se lles ocorrería preguntar por que fala en francés a alguén nado en Francia , ou por que fala portugués un lisboeta. É triste que cercano o centenario da fundación das Irmandades da Fala se edite un libro que afonde nas actitudes e prexuízos sobre a lingua. As mentiras sobre a lingua están distribuídas en 9  apartados : mentiras sobre a historia da lingua, sociedade, ensino,administración, empresa, medios de comunicación, normativa , utilidade do galego e cultura.
En só 77 páxinas desmonta con rigor histórico e filolóxico, pero con moita claridade para quen non sexa especialista , tópicos que se veñen oíndo sobre a nosa lingua. Ideal para quen queira ter unha opinión propia e non se contente con escoitar só o que din persoas sen formación neste tema ou que pretendan terxiversar a realidade.

viernes, 5 de marzo de 2010

Xenaro e o misterio da mochila verde


Ainhoa:A min este libro gustoume moito porque é de misterio,a trama da historia é moi interesante, e os libros de misterio,en xeral,gústanme moito.O que menos me gustou foi o que Xenaro lle fixo a Violeta e a Zacharías por que me parece moi mal.

Recoméndoo a toda aquela xente a que lle guste o misterio.

lunes, 22 de febrero de 2010

a cabeza de medusa

Sofía e Lupe son violadas a noite de entroido. Dende ese momento todo será unha loita para "sobrevivir" no instituto. Pero non están soas...
Recoméndolle este libro a aquela xente que pense que tras unha violación ou tras uns malos tratos a vida xa rematou. Para que vexan que hai que loitar e sobre todo para que vexan que loitaremos xuntas para que as mulleres sexan algo máis que obxetos sexuais, criadas e sumisas.