sábado, 31 de octubre de 2009

O tesouro da lagoa de Reid´is


Este libro é moi interesante.Trata duns nenos que van visitar aos seus avós e o avó comézalles a contar a historia de como salvou ao seu pai dunha extraña enfermidade chamada asombramento.
Recoméndollo ás persoas ás que lle guste ler novelas de misterio

viernes, 30 de octubre de 2009

Tres blues e un rap.


O libro gustoume moito e é moi fácil de leer.

O conto que máis me gustou foi o de "D.J. Machuquito", porque a min tamén me gusta a música e andar en skateboard.

-D.J.Machuquito: era un rapaz que lle gustaba moito o rap, o skateboard e o graffite.

-O Café de Ramón: era un home que tiña un bar que era moi bello e que todos os do pobo lle gustaba moito.

-A Viaxe: 2 homes que ían de viaxe a Barcelona. Foron os 2 sentados ao lado no avion e foron falando.

Cousas- Castelao


Este libro é unha mezcla de debuxos e textos.Ao principio ponche un debuxo de cada conto que vas ler cun título e despóis aparéceche o conto en 4 páxinas. Os contos, teñen que ver coa emigración de Galicia debido a gran pobreza que había neses anos.
A min gustoume máis, por exemplo, outro libro de Castelao chamado "Os dous de sempre" que vos animo a ler.

"O exiliado e a primaveira" Manuel Veiga Taboada



O libro pareceume un pouco aburrido o principio e tamen algo dificil de entender pero a medida que vas avanzando vas entendendo o que pasa. E un libro no que se fala dun home exiliado en México que ven para Galicia a causa da morte da sua nai por un tempo. Aquí atopase cunha sociedade que non recorda os tempos de fame, que case nin recorda que vive baixo unha dictadura.

Ela, maldita alma- Manuel Rivas.


Este libro é un conxunto de contos, cada un trata sobre un tema diferente aínda que todos están relacionados. Particularmente, a min gustoume pero só ao final do conto porque ao principio costaba entendelo .. desde o meu punto de vista todos os comezos son bastante dificiles de comprender pero segundo o segues lendo vas captando o que o autor che quere dicir.

Xente de eiqui e de acola


Este libro esta ben por que contache varias historias de xente diferente, distintos sitios e personalidades. A verdade e que o libro "Xemte de eiqui e de acola" podia estar mellor, por que e bastante aburrido e non me enganchou moito que digamos. Dende o meu punto de vista o libro ten que mellorar un pouco.

Alba, unha aprendiza de meiga, Nacho Peréz

Pareciume demasiado complicado de entender, porque o unico que sacas en claro e que é unha meiga e que lle gusta un rapaz da sua clase.
Non llo recomendo a ninguén.
publicado por Elías.